_dsc0877-copiar

O Goldie Xiria cede os dous puntos nunha mala segunda parte

O Goldie Xiria saíu derrotado no Vila De Noia ante o BM. Carballal no día de hoxe por un resultado de 25-31. Logo dos primeiros trinta minutos, prevíase un desenlace final moito máis axustado e é que ao termino do primeiro tempo as carballesas dominaban por 14-13 e mostráronse lixeiramente superiores ao seu rival. Foi nos inicios do segundo acto cando as mozas de ouro comezaron a atopar maiores problemas cara ao marco contrario. O ataque posicional atascábase ante a férrea defensa olívica, pero ademais, as perdas de balón e os erros facían acto de presenza nos momentos máis delicados das locais. Nun dicir amén, o BM. Carballal pasara de perder dun a adiantarse por catro goles e desde este instante ata o final, as de Vigo mostráronse moi superiores ás bergantiñanas. Cun claro dominio do xogo e impoñéndose en todo momento ás diferentes alternativas defensivas das verdinegras, as visitantes gozaron dunha segunda parte prácida, algo impensable logo de ver como se desenvolveron os primeiros trinta minutos. Con esta derrota, o Goldie Xiria termina a competición en cuarto lugar do grupo pola permanencia, xusto por detrás da SAR de Redondela, aínda que cos mesmos seis puntos e por diante das veciñas do BM. Camariñas, que pechan a táboa clasificatoria sen estrear a súa casillero.
Goldie Xiria: 25 (14+11). Brenda Noya (p), Sara Pombo, Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Diana Rodríguez, Tamara Pombo, Saray Couto, Uxía Pazos, Raquel Gómez, Sheila Ferreiro, Zeltis Landeira, Elena Segade, Adriana Groba. Nuria Noya.

A.D Carballal: 31 (13+18). Laura Costas, Uxía Alonso, Tamara Gil, Alba Rodríguez, Patricia Vila, Carla Soto, Carla Caride, Andrea García, Sara Villareal, Paula Sánchez, Irene Mallo, Sandra López.

Colexiados: Gabriel Folgoso e Wallace Moreira. Non influíron no resultado final.

Incidencias: Derradeiro encontro da competición de liga na fase pola permanencia disputado no Vila De Noia ante un centenar de siereiros.