O Goldie Xiria fai o seu mellor partido a pesar da derrota

O Goldie Xiria recuperou as boas sensacións que deixara fai quince días no seu partido contra o BM.porriño. As carballesas, que sufríran unha dura derrota a pasada semana en Vigo, saíron no día de hoxe a demostrar que aquilo foi un accidente e que a pesar da mocidade do equipo, poden ofrecer un nivel máis alto. Non comezaban as cousas moito mellor que fai sete días, cando o seu rival de hoxe, o Teucro de Pontevedra, adiantábase con comodidade ao primeiro de vez e aumentaba a súa vantaxe paulatinamente até o 7-16 que o marcador reflectía no descanso. De calquera forma e co cambio de defensa 5:1 a 6:0, as bergantiñás xa deran mostras dunha maior solidez defensiva, transformando un igualado parcial nos últimos compases do primeiro tempo (3-4). O efecto tivo continuidade e as xogadoras carballesas mantiveron un igualado parcial no segundo acto a falta de tres minutos para a finalización do encontro. O resultado de 9-12 dos segundos trinta minutos, demostra a mellora das locais e o camiño a seguir de face a futuros enfrontamentos: unha defensa aguerrida e contundente e un ataque disciplinado e cun marcado rigor táctico, todo iso acompañado da ausencia de perdidas de balón e de accións arriscadas.

O próximo fin de semana poderemos ver si esa mellora plásmase nunha pista, a de Tui, fronte a un conxunto que como as de Xiria, aínda non estreou a súa marcadora de puntos.

Goldie Xiria: 16 (7+9). Brenda, Andrea, Uxía, Nuria, Saray, Diana, Alba, Sheila, Jessica, Raquel (2), Juana (1), Adriana, Sara (2), Tamara (4).

SD Teucro Asmubal: 28 (16+12). Elena, Marta, Gema (4), María (1), Anais (6), Iria (1), Paula (2), Patricia (9), Paula (3), Alba (1), Raquel (1), Mónica, Sara, Laura.

Arbitros: Andrés Hermida e José A. Rodríguez. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da cuarta xornada (liga 2016/17) en 1ª Autonómica feminina, disputado no Pavillón Vila De Noia ante un centenar de siareiros.

Clasificación:

clasificacion-4a-jornada