O Goldie Xiria gaña desde a defensa

Última xornada antes do parón do Nadal; que enfretaba ao Goldie Xiria e á SAR, en Carballo. Inicio cuns primeiros minutos de igualdade onde ningún equipo conseguía impoñerse. Pero a partir do minuto 5, as do Goldie fixéronse co tempo do partido, e cunha férrea defensa, e velocidade nas transicións, conseguían marcharse ao descanso cun claro 14 a 4. Fundamental o fondo de armario do equipo para conseguir manter a intensidade e o ritmo de xogo altos. A segunda parte; a tónica sería a mesma; aproveitando para dar minutos a todas as xogadoras e ir crecendo a nivel e experiencias en competición. Destacar a actuación de Zeltia; máxima realizadora do encontro, sen descoidar as tarefas defensivas.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: José Henrique Folgoso do colexio galego.

GOLDIE XIRIA 26 ( 14 + 12 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Támara Pombo, Natalia Solís, Jessica Posse, Saray Couto, Soraya Martínez, Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez, Zeltia Landeira.

S.A.R. Solera & Mapache 14 ( 4 + 10 ): Inés Soto, Lucía Groba, Catalina Rodríguez, Laura López, Carla Barciela, Tania Pérez, Begoña Rodríguez, Laura González, María Iglesias