O Goldie Xiria lastra a vantaxe nunha desacertada segunda metade

Xogaba o Goldie Xiria a domicilio contra a SAR de Redondela, o sábado nunha nova xornada da segunda autonómica feminina; un partido de gran rivalidade pola situación dos dous conxuntos na clasificación xeral, e así a motivación para tratar de lograr os dous puntos era fundamental. Pois empezaba de maneira maxistral o partido o Goldie Xiria; cunha gran defensa 5:1 co equipo secundando o labor de Sheila Ferreiro no avanzado conseguía lograr recuperacións de balón que lle daban vantaxe no marcador.

Trataría de axustar a SAR mediante un tempo morto, pero o 5:1 con gran intensidade do Goldie estaba a ser fundamental para seguir adquirindo a vantaxe ao descanso, 11 a 17.

Na continuación, o Goldie sufriría mediante unha defensa mixta a Zeltia e unha xogadora excluída nos primeiros minutos que fixeron perigar o resultado. Pero de novo no 6×6 mostraríase superior ao seu rival. Un novo tempo morto das locais e unha defensa 4:2 con dúas mixtas facían sufrir ao Goldie Xiria, que se atascaría no ataque posicional, proba diso son os 7 goles que conseguiu nesta segunda metade.

Nova exclusión do Goldie Xiria que serviu para que a SAR conseguise o empate no marcador; pero a falta de 20 segundos Raquel Gómez tentaba un lanzamento que saía desviado e mantiña o empate. Unha gran última defensa permitiu, manter un empate que ben puido ser algo máis.

Bo partido das Goldie Xiria que o domingo ás 12:30 reciben ao Bm Caselas no último intento por meterse na fase final.

Incidencias: Partido disputado no pavillón A Bombonera ante un centear de seareiros. Colexiado: José Ángel Rodríguez Fernández do colexio galego.

S.A.R. SOLERA & MAPACHE 24 ( 11 + 13 ): Eva Paz [p], Cecilia Rodríguez [p], Natalia Taboas (6), Catalina Rodríguez, Sandra Fernández (8), Noelia Taboas (1), Antia Rubin (3), Lucía Groba, Laura López, Carla Barciela (1), Tania Pérez (2), Sheyla Miguel (2), Ana Rodríguez (1), Begoña Fuenteseca, Laura González.

GOLDIE XIRIA 24 ( 17 + 7 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (5), Alba Rodríguez, Natalia Solís (1), Jessica Posse (1), Saray Couto, Elena Segade (8), Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez (5), Zeltia Landeira (4).