O Goldie Xiria mostra as súas debilidades ante o Coreti Lalín

Non foi o mellor día para as xogadoras carballesas; que viaxaron a Lalín derrotadas e sen ánimo de competir un partido que a priori se antollaba igualado. A derrota foi tan contundente; como xusta; despois do visto sobre o 40×20.
Desde o inicio do partido; o Goldie Xiria mostrábase desorganizado en defensa; situación que aproveitaba a lalinense Támara Seijas, para explotar a súa velocidade e ser un quebradizo de cabeza durante todo o partido o bloque central do Goldie.
Tampouco a transición defensa – ataque era a doutros días; a lentitude á hora de organizar o contraataque, daba coas poucas opcións de marcar goles do Goldie; que ao descanso perdía 14 a 6.
Na segunda parte; ante o empuxe do Coreti Lalín; non melloro o seu xogo o Goldie e a falta de competitividade; levou o resultado ao 31 a 10 final.
Un resultado que deixa ás claras, que a concentración e a intensidade, son claves á hora de afrontar a competición. Aspectos que deberá mellorar e adestrar este equipo.
A seguinte semana; recibe o Goldie Xiria; ao Bm Lucus, o sábado ás 20:00, no Vila de Noia de Carballo. Partido importante para tratar de volver á senda da vitoria.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Lalín Arena ante un centear de seareiros. Colexiados: Blanca Vázquez e Cristina Olleros do colexio galego.

CORETI LALÍN 31 ( 14 + 17 ): Antia Gundín (2), Sandra Blanco (7), Uxía Fernández, Yolanda Ferreiro (5), Tania García, María González, Natalia González, Zaida González (5), Noelia Martínez (4), Elvira Nercellas, Laura Suárez (2), Uxía Pérez, Támara Seijas (6).

GOLDIE XIRIA 10 ( 6 + 4 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p],  Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez, Támara Pombo (1), Natalia Solís (2), Jessica Posse (3), Saray Couto, Soraya Martínez, Elena Segade (1), Sheila Ferreiro, Zeltia Landeira, Sandra Santos (1).