O Goldie Xiria perde pola mínima en Meaño

Competido partido o disputado polas xogadoras do Goldie Xiria ante o Asmubal Meaño a domicilio. A pesar de ir por baixo no marcador durante case todo o encontro, as orgullosas xogadoras bergantiñás, nunca deixaron de pelexar, o que permitiu ter opcións de puntuar, ata a última posesión.

Non empezaría ben o encontro para o Goldie; pouco enchufadas nas tarefas defensivas; o que non lles permitiu subir o contraataque nas mellores condicións. As de Meaño conseguían lanzamentos demasiado fácil e en situacións de vantaxe. Mediada a primeira metade; o Goldie atopaba a maneira de superar o 5:1 local e tamén axustaba a parcela defensiva , que con dúas exclusións seguidas de Natala Solis, tivo que volver a reinventarse de fronte ao segundo tempo. Ao descanso chegábase con 13 a 11 e todo por decidir.

Na continuación; tres perdas de balón consecutivas poñían o marcador desfavorable aos intereses do Goldie na máxima diferenza de 5 goles. Aos poucos, e a través da defensa 5:1 con Elena Segade no avanzado, e en ataque todas as xogadoras participando na faceta goleadora; o Goldie Xiria conseguía chegar aos instantes finais con opcións. Boa blocaxe defensiva por parte de Sheila; que Nadia conseguiu desviar de fondo; pero o árbitro non o interpretou así; dando ao traste coa posibilidade de xogar o último ataque. Ao final unha derrota pola mínima; que deixa ao Goldie Xiria con cero puntos en dúas xornadas, e como punto negativo, uns inicios malos de partido que deberán de buscar a maneira de adestralos para modificar esa tendencia; xa que segundo pasan os minutos convértense nun equipo fiable e con carácter capaz de competir con todos os equipos.

O seguinte partido do Goldie Xiria verémolo no Vila de Noia, en Carballo, o venres 12 de outubro contra o Bm Tui.

Incidencias: Partido disputado no pavillón de Coirón, en Dena ante un centear de seareiros. Colexiados: Rafael Iglesias e Juan Noya do colexio galego.

ASMUBAL MEAÑO 27 ( 13 + 14 ): Mónica Sineiro [p], Raquel Sineiro (4), Andrea Cores (1), Iria Padín (6), Laura Miñino, Débora Garrido (2), María Fresco (2), Sara Estevez, Laura Rivas, Anabel Otero (12), Lara Castro, Victoria Domínguez, Vanesa Domínguez.

GOLDIE XIRIA 26 ( 11 + 15 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (1), Alba Rodríguez (4), Natalia Solís, Soraya Martínez, Eva Facal, Mina Ribullén, Aida Vizcaíno (4), Jessica Posse (8), Saray Couto, Elena Segade (2), Sheila Ferreiro (2), Sandra Santos, Raquel Gómez (5).