O Goldie Xiria segue a súa progresión a pesar da derrota

Segue o Goldie Xiria feminino na loita contra se mesmo, coa idea de progresar no xogo semana a semana nun ano atípico, onde as múltiples baixas con respecto ao cadro de persoal do pasado curso e as xovenes incorporacións (até catro xuvenís no plantel), deberán de ter a suficiente pacencia como para progresar a través do traballo semanal que se fai nos adestramentos. É evidente que o equipo está a mellorar e que, salvo os tres primeiros partidos da competición, o conxunto carballés foi mellorando as súas prestacións colectivas, sendo capaz de competir contra o resto de rivais, a pesar das derrotas cultivadas. No día de hoxe, o rival era de levanta, un BM. Caselas con xente con experiencia dentro dun club importante no que se refire ao balonmán feminino de base. As do Goldie trataron do teu ao teu ao conxunto pontevedrés durante o primeiros vinte minutos, pero tres perdidas de balón consecutivas, facilitaron un 0-3 de parcial ao fío do descanso. Á espera da continuación, as de Salceda conseguían en dez minutos unha renda que non gozaran ata o momento e aínda que non parecía definitiva, se poñía as cousas moi costa arriba para as de Carballo (6-10). A segunda parte foi de claro domino visitante e os erros das verdinegras nos primeiros minutos deste tempo, foron claves para o devir dos trinta minutos finais. De calquera forma as xogadoras carballesas, lonxe de renderse, sacaron unha excelente actitude para reducir ata catro goles de diferenza e, aínda que a remontada non tivo premio final en forma de vitoria, se o tivo en canto ás sensacións transmitidas que, dalgún modo, falan ben da progresión deste grupo desde fai algo máis dun mes.

A próxima semana, o Goldie Xiria repetirá partido en casa, esta vez será o Sábado ás 16:00h no Vila De Noia e contra o BM. Rasoeiro do Grove, un equipo que xa se impuxo ás verdinegras no primeiro partido de liga e que está adestrado por un vello coñecido da afección de Carballo, o técnico, Pablo Filgueira.

Goldie Xiria: 15 (6+9). Brenda Noya (p), Andrea Pose (p), Juana Garrochena (5), Sara Pombo (1), Alba Rodríguez, Tamara Pombo (4), Adriana Groba, Yessica Posse, Natalia Solís (1), Saray Couto, Nuria Noya, Uxía Pazos, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Diana Rodríguez, Zeltia Landeira (2).

BM. Caselas: 25 (10+15). Vanesa Martínez, Paula Pereiro (12), Antía Pérez (2), Yolanda Correa (2), Ana Álvarez (4), Lorena Fernández (1), Yolanda Rodríguez (2), María González, Nerea Santos, Marta Besaba, Judith Martínez, Aitana Souto (2).

Parciais cada 5´: 2-2/ 3-4 / 3-5 / 4-6 / 4-9 / 6-10/ Descanso / 7-13 / 9-15 / 10-18/ 12-21/ 13-22 / 15-22/ Final.

Colexiados: Pabl oBarreiro e Gabriel Folgoso. Sen complicacións

Incidencias: Encontro da sétima xornada da 1ª División Autonómica feminina celebrado no Pavillón Vila De Noia ante cento cincoenta siareiros.

Fotos do partido:

img_20161112_191853

img_20161112_191544

img_20161112_191606

img_20161112_191625

img_20161112_191806

img_20161112_191832

img_20161112_191837