O Goldie Xiria vence na difícil pista do Bm Porriño

A 1ª Autonómica feminina non permite ningunha fin de semana tranquila a teor dos resultados vistos ata agora. Todos os partidos son de máxima igualdade e o Goldie Xiria se aúpa ata a cuarta posición, grazas a unha traballada vitoria, que resolveu co traballo defensivo da segunda metade.

Na primeira parte, os dous equipos saían con defensa 5:1, que tardaron uns minutos en axustar. Uns inicios con moitos goles e onde a pivote local conseguía facer dano ao Goldie, que despois do minuto 15 e con algunha variante defensiva do 5:1 conseguía frear o ataque das de Porriño. Sorprendeu cunha defensa 3:3 o conxunto local que tentaba recortar a diferenza de 3 goles; pero as do Goldie moi concentradas pronto se afixeron e atopaban solucións en ataque. Ao descanso chegábase con 14 a 15 e un ritmo moi vivo de partido.

Xa na segunda metade, o Godie Xiria, mantivo a súa filosofía de xogo e cunha serie de transicións rápidas comandadas por Aída, dominaba no marcador, con pequenas diferenzas de 2 e 3 goles. Mediada a segunda parte, Nadia poñería o ferrollo á súa portería, grazas ao bo traballo das súas compañeiras no ámbito defensivo, o que permitiu ao Goldie levar os dous puntos e seguir na liña progresiva das últimas semanas.

Incidencias: Partido disputado no pavillón de Deportes de Porriño ante uns cen seareiros, cun bo número de Carballo. Colexiados: Patric Espada e Rubén Iglesias do colexio galego. Excluíron a María Martínez (54´) polas locales, namentres polo Goldie Xiria foron excluídas Támara Pombo (34´) e Jessica Posse (55´). 7 metros: Bm Porriño 1/1 // Goldie Xiria 3/4

BM PORRIÑO 24 ( 14 + 10 ): Uxía Barbosa, Valeria García (3), María Martínez, Marta Groba (6), Andrea Amarilla (3), Nerea Gómez (1), Laura Pampillón, Alicia Campo (6), María Groba (4), Paula Gómez, Lara Dasilva, Candela González, Laura Barros, Erika Rona, Alba Rodríguez, María Victoria García.

GOLDIE XIRIA 29 ( 15 + 14 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (1), Alba Rodríguez, Natalia Solís (1), Soraya Martínez, Eva Facal, Mina Ribullén (7), Aida Vizcaíno (6), Jessica Posse (2), Saray Couto, Elena Segade (6), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Támara Pombo (6).