O Grupo Lemaco disputará este sábado as semifinais da Copa Federación

Remate de tempada para o Grupo Lemaco Xiria coa disputa das semifinais este sábado diante do Balonmán Cisne, logo de clasificarse para elas, quedando primeiro do seu Grupo. As semifinais e finais disputaranse no Pavillón Pablo Hervello da localidade de Bueu en xornadas de sábado e domingo.

A clasificación para a fase Final do Campionato de España do Cisne, fixo aprazar as semifinais desta competición para unhas datas onde os equipos están faltos de ritmo, algo que acusarán tamén os outros semifinalistas Luceros e Carballal.

Si o Xiria resulta vencedor no encontro, xa este domingo disputará a final contra o outro vencedor para dilucidar o Campión de Copa.

A coincidencia en datas con varios compromisos persoais, privará ao grupo Lemaco de varios dos seus compoñentes, polo que terá difícil papeleta diante dun equipo que ven de facer un gran Campionato de España, pese a elo prevese que o nivel acadado polo Xiria nas derradeiras semanas de competición faga poñer en dificultades ao rival e vaia a loitar por pasar a final.