O Grupo Lemaco gaña en Cangas ao Luceros

Luceros el Hormiguero 28 – Grupo Lemaco Xiria 36 (14-18)

Difícil compromiso para o Grupo Lemaco, coa visita ao Luceros, equipo que volverán a atopar os carballeses o próximo fin de semana na Fase Final a celebrar en Vigo.

Partido cuns primeiros minutos de precipitación de ambos equipos, e onde o arbitraxe descentrou ao Xiria, pero o equipo soubo recompoñerse e afrontar o encontro coa cabeza suficiente para superar ao seu rival. O duro 6:0 defensivo plantado polo Luceros, obrigaba ao Grupo Lemaco a buscar continuas accións de penetración e velocidade onde non valía arrugarse. Aumentou a presión defensiva o Xiria, o que dou varias oportunidades para a contra e abrir os 4 goles a favor ao descanso, 14 a 18.

Volveu a meterse no inicio da primeira metade o Luceros no encontro, aproveitando unha dobre exclusión dos carballeses, castigados excesivamente polo arbitraxe, pero foi momentáneo, o Xiria volveu a desarmar o ataque rival e correr os contraataques, con unha recta final de partido cómoda para facerse con esta vitoria na Copa Federación.

A vindeira semana, o Grupo Lemaco disputará a Fase Final, onde o que quede primeiro clasificarase para o Campionato de España.

Balonmán Luceros 28 (14): Javier Fernández e Manuel Pérez (porteiros) David Pousada 6, , José Meira, Gael Blanco, Adrián Bernárdez 6, Iago Fonseca 3, Pablo Giraldez 6, Sergio Piñeiro 3, David Pousada 2, Gonzalo Piñeiro 2 e Brais Cordeiro.

Grupo Lemaco Xiria 36 (18): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Alex Gómez 10, Mario Cancela 7, Dani Mallo 4, Diego Rodríguez 3, Diego Antelo 1, Aaron Rodríguez 5, Brais Vila 4 e Fernando Mallo 2.

Marcador cada 5 min: 2-1/ 7-4 / 9-7/ 11-11/ 13-16/ 14-18/ 18-19/ 20-23/ 23-28/ 26-32/ 27-34/ 28-36

Arbitrou: Inocencio Pérez e Ignacio Colino, non levaron ben o encontro.