O Grupo Lemaco segue firme na Copa ao derrotar ao Teucro

Grupo Lemaco Xiria 41 – SD Teucro  33 (23-13)

Catro partidos e catro vitorias presenta o Xiria no seu Grupo da Copa Federación, polo que pasará como primeiro, a falta ainda dunha xornada,  e enfrontarase ao segundo do outro Grupo na semifinais.

Partido cun Grupo Lemaco moi superior dende o inicio, marcando o ritmo do encontro e apremando ao seu rival no momento que fose necesario. Co transcorrer dos minutos cobrou vantaxe o Xiria,  a efectividade de cara a portería contraria uniuse a oportunidade de correr nas contras, o que puxo o marcador ao descanso cun claro 23 a 13.

Reservou efectivos o Xiria de cara ao seguinte partido dos xuvenís, e aí os recambios non estiveron demasiado acertados, errando en exceso de cara a gol, e permitindo marcar con demasiada facilidade ao Teucro. Pese a elo, no momento que volveu a apremar o Xira, volveron as distancias, conseguindo cerrar a vitoria con eses 41 a 33 final.

Grupo Lemaco Xiria 41 (23): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Adrián Mesejo 2, Alex Gómez 9, Mario Cancela 5, Dani Mallo 4, Franco Rial 1, Mario Rincón 4,  Diego Antelo, Aaron Rodríguez 2, Brais Vila 5, Iago Rincón 6, Fernando Mallo e Diego Rodríguez 1.

S.D. Teucro 33 (13): David Rodríguez e Lois García (porteiro) , Marlon Barco 3, Diego Fariña 5, David Chan 2, Juan Piñeiro 9, Uxio Vjeikz 1, Juan Castro 2, Mario Pérez 1, Esteban Carballido 4, Sergio Castro 2, Sergio Blanco 3 e Alvaro Castro 1.

Marcador cada 5 min: 5-3/ 10-6 / 14-7/ 16-10/ 20-12/ 23-13/ 26-16/ 28-20/ 30-24/ 32-28/ 35-29/ 41-33

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso, sen complicacións