O Grupo Lemaco sigue sumando coa visita do Lavadores

 

Grupo Lemaco Xiria 38 – Balonmán Lavadores  26 (18-16)

Non dou axustado a defensa o Xiria nos primeiros 30 minutos, dando a oportunidade ao Lavadores de meterse no encontro pola relaxación excesiva e a individualidade dos seus xogadores, excesivos espazos para os pivotes e falto de intensidade nas accións de ataque contra os primeiras liñas vigueses.

Comezaba o encontro o Grupo Lemaco con moito ritmo de ataque pero con excesiva precipitación nas accións, queríase resolver aos poucos segundos o que levaba a numerosos erros que aproveitou o Lavadores a contra, o xogo individual prexudicaba claramente ao equipo.

Moito máis centrado e con outra faciana saíu o Xiria a pista na segunda metade, reforzado con intensidade defensiva e con mellores ideas e solidariedade cos compañeiros en ataque, os xogadores plantábanse facilmente diante do porteiro rival, abrindo distancia no marcador e xogando unha cómoda segunda metade, 38 a 26 ao final de encontro.

A vindeira semana o Grupo Lemaco visita a cancha pontevedresa do Cisne, actual líder invicto da competición.

Grupo Lemaco Xiria 38 (18): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 9, Dani Mallo 2, Franco Rial 2, Mario Rincón 3,  Juan Pereira, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila 4, Iago Rincón 7, Fernando Mallo 1, Diego Rodríguez e Alex Gómez 7.

Balonmán Lavadores 16 (26): Juan Camacho (porteiro) Daniel Pérez 1, Diego Perez 9, Pablo Fernández 1, Roi San 1, Mario Outeiriño 8, Marcelo Sabín, Jose Del Río, Manuel Madrid, Alberto Covelo, Pablo Cazapa 2 e Pablo Lora.

 

Marcador cada 5 min: 4-2/ 8-4 / 11-9/ 16-10/ 16-12/ 18-16/ 21-17/ 25-20/ 28-21/ 34-21/ 35-24/ 38-26

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso, sen complicacións