O Grupo Lemaco supera ao Luceros en Cangas

Balonmán Luceros 25 – Grupo Lemaco Xiria 28  (12-12)

O Xiria Cadete Masculino da División de Honra resolveu a difícil sempre saída a Cangas, o pavillón de O Gatañal sempre se converte nun calvario, polo ambiente en contra e polos arbitraxes que sofren os equipos carballeses. Non foi excepción a deste domingo, cun arbitraxe que conseguiu sacar do encontro varias veces aos xogadores e adestrador do Xiria, chegando incluso a restar goles do vagase do Grupo Lemaco , dun 12-13 no descanso pasouse a un 12-12 por obra e graza do colexiado.

Sabíase que o partido ía a ser duro, e as baixas de Iker Martínez e Brais Vila, dúas das bazas por excelencia na defensa carballesa restaban as posibilidades do equipo. A fluidez en ataque es as primeiras accións ofensivas do Xiria colocaban ao equipo con vantaxe, pero a dureza do rival en defensa non estaba a ser atallada dende o arbitraxe polo que o Luceros incrementouna podendo dese xeito parar os ataques do rival, quen si era sancionado con distinto criterio era o Xiria, que vía como as exclusións caian polo seu lado, avantaxando aos cangueses e permitindo meterse no choque. Si a esto engadimos que che restan goles do marcador, o Luceros foise ao vestiario cun horizonte de esperanza.

Pero o Grupo Lemaco soubo ler as circunstancias do encontro, saíndo a facer o que mellor sabe, xogar ao balonmán, e non deixarse influenciar pola situación, tomou deferencias no marcador de ata 5 e 6 goles, despregando maior mobilidade ante a presión da defensa rival e acertando a combinación con un soberbio Aaron no pivote. A vez as acción dos do Morrazo eran atalladas polos porteiros Diego Lema e Julio Ferreiro que daban respiro a un Xiria onde os xogadores acabaron esgotados pola dureza nas acción do rival.

Vitoria importante ante un rival directo en espera de recibir a semana que ven a outro, o Balonmán Lalín.

Balonmán Luceros 25 (12): Ivan Malvido e José Cerqueiras (porteiro) , Marcos Villar 1, Ismael Alonso, Xian Prieto 3, Iker Piñeiro, Alexandro Darín 2, Eric Bermúdez 4, Aaron Bon, Javier Figuira 3, Pedro Cerqueira 8, Diego Martínez 4, David Fonseca e Pablo Giraldez.

Grupo Lemaco Xiria 28 (12): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Alex Gómez 11, Mario Cancela 3, Dani Mallo 4, Franco Rial, Adrián Mesejo, Juan Pereira, Mario Rincón 2,  Diego Rodríguez , Diego Antelo 1, Carlos Varela, Aaron Rodríguez 7, Iago Rincón e Fernando Mallo.

Marcador cada 5 min: 3-4/ 3-7 / 6-9/ 9-11/ 10-12/ 12-12/ 14-15/ 14-19/ 18-22/ 19-24/ 21-25/ 25-28

Arbitrou: Erik Fernández, desastroso, permitiu o xogo duro e prexudicou en exceso ao Xiria

DSC_0254 DSC_0255 DSC_0256 DSC_0257 DSC_0259 DSC_0260 DSC_0261 DSC_0262 DSC_0263 DSC_0264 DSC_0265 DSC_0266 DSC_0267