O Grupo Lemaco supera ao Rasoeiro no seu compromiso copeiro

Grupo Lemaco Xiria 45 – Balonmán Rasoeiro  28 (20-16)

Primeira xornada da Copa Federación para o Grupo Lemaco onde quedou encuadrado no grupo co Rasoeiro, Octavio, Luceros, Lalín e Teucro. Clasificaranse os dous primeiros de cada un dos dous grupos desta competición.

Dou batalla dende o inicio o equipo de O Grove en Carballo con bo desprazamento de balón e buscando unha e outra vez ao seu pivote, xogador de gran envergadura e peso que puxo en xaque durante moitos minutos a defensa carballesa, que vía como cada vez que conseguía recibir na liña de seis metros, a acción acababa en gol ou sete metros. Non tiña dificultade en ataque o Xiria para anotar polo que o marcador se foi a 20 a 16 na primeira metade.

Os axustes defensivos, incidindo na marcaxe a pivote e anticipación nas traxectorias deron pronto froito ao equipo local, que conseguiu frear ao Rasoeiro e roubar balóns para saír a contra e poñer distancia no marcador. Segunda metade onde o Xiria se gustou e ampliou o marcador ata ese 45 a 28 final.

Grupo Lemaco Xiria 45 (20): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Adrián Mesejo 6, Mario Cancela 6, Dani Mallo 3, Franco Rial 2, Mario Rincón 1,  Diego Antelo 1, Carlos Varela 2, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila 3, Iago Rincón 3, Diego Rodríguez 5 e Alex Gómez 11.

Balonmán Raoeiro 28 (16): Antón Garrido (porteiro) , Eloy Fraga 1, Javier Garrido 8, Bruno Rey 3, Victor Iglesias 7, Alex Iglesias, Rodrigo Mouco, Nicolás Padín 3, David Rey 2, Martín Padín 1 e Sergio Nimo 3.

Arbitrou: Pablo Torreiro e Wallace Moreira, sen complicacións