O Grupo Lemaco Xiria comeza a Liga con vitoria en O Grove

Balonmán Rasoeiro 23 – Grupo Lemaco Xiria 37  (10-23)

Nova tempada para as categorías de base das Escolas Balonmán Xiria, onde o Grupo Lemaco loitará entre os mellores clubs da categoría Cadete Masculina da División de Honra por unha praza que lle de acceso ao Campionato de España, para elo loitará cos mellores clubs galegos da categoría.

Este sábado empezaba a súa andaina a domicilio, visitando ao Balonmán Rasoeiro, logrando derrotalo nun partido completo pero cunha memorable primeira metade onde o equipo soubo aguantar as acometidas nos primeiros minutos en ataque do rival. O partido empezou cun tremendo ritmo amosando ambos equipos con gañas e bo facer, o equipo local era quen de facer dano ao 5:1 do Xiria, ata que os axustes e a maior intensidade defensiva ían controlando aos xogadores rivais. No ataque o Grupo Lemaco anotaba con certa facilidade despregando moita variade de recursos, as forzas empezaron a fallar no Rasoeiro que por momentos era incapaz de acceder a portería visitante, o atasque foi aproveitado polo Xiria que marcaba con facilidade a contra situando un 10 a 23 ao descanso.

Segunda metade de trámite onde o Xiria aproveitou para diferentes variantes na combinación de xogadores e postos, e soltar eses nervios dos primeiros encontros da tempada.

O partido serviu para que os xogadores do Grupo Lemaco se reencontrasen co que foi durante anos o seu adestrador, Pablo Filgueira, que dirixe actualmente ao rival desta xornada e a máis equipos do Balonmán Rasoeiro.

A vindeira semana o Grupo Lemaco recibirá en carballo ao Seis do Nadal vigués.

Balonmán Raoeiro 23 (10): Antón Garrido (porteiro) , Eloy Fraga, Javier Garrido 12, Victor Iglesias 1, Alex Iglesias 2, Rodrigo Moulo 2, Nicolás Padín 1, David Rey 2, Martín Padín 1 e Sergio Nimo 2.

Grupo Lemaco Xiria 37 (23): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Alex Gómez 6, Mario Cancela 8, Dani Mallo 4, Franco Rial, Brais Vila 4, Adrián Mesejo 4, Juan Pereira, Mario Rincón 4,  Diego Rodríguez 1, Diego Antelo 4, Carlos Varela 1, Aaron Rodríguez 1 e Fernando Mallo.

Marcador cada 5 min: 4-3/ 7-7 / 7-12/ 9-19/ 10-21/ 10-23/ 13-25/ 14-28/ 16-30/ 20-32/ 22-33/ 23-37

Arbitraron: José María García e Erik Fernández, sen complicacións