O Grupo Lemaco Xiria consegue a vitoria nas Travesas

Chegaba cos deberes feitos a Vigo o equipo carballés; ao que só lle faltaba referendar con resultados o bo traballo semanal. O Academia Octavio plantou cara durante todo o encontro e non permitiu ao Grupo Lemaco relaxarse durante os 60 minutos.

Os primeiros minutos do partido, foron de tira e afrouxa dos dous equipos; con intercambios continuos no marcador. A constancia e regularidade do Grupo Lemaco, facía que aos poucos e superados os 12 minutos de xogo, fose adquirindo unha pequena vantaxe. As rotacións realizadas por Adrián Dubra mantiveron a boa liña do equipo e permitiu irse ao descanso coa máxima diferenza de 5 goles. 13 a 18.

Xa na segunda metade; apertaban os locais nos primeiros instantes, reducindo a vantaxe aos dous goles, grazas en parte, ao bo facer do seu porteiro. Os do Grupo Lemaco non se deixaron intimidar e reaccionaron, a través dunha mellor circulación de balón, para seleccionar mellor os lanzamentos e apertando en defensa, o que lles permitiu adquirir vantaxes de ata 8 goles. Os vigueses a través dunha defensa máis presionante conseguían reducir a vantaxe, pero de nada serviulles; polo que os carballeses facíanse cunha vitoria moi importante para os intereses na clasificación xeral.

Incidencias: Partido disputado en Vigo, no pavillón As Travesas, na pista do frontón, ante un centear de seareiros. Colexiados: Andrés Hermida e Nerea Cameselle do colexio galego.

ACADEMIA OCTAVIO 30 ( 13 + 17 ): Andre De Moura (1), Daniel Pérez, Diego Fernández (13), Asier Cerqueira (7), M. Rodríguez (1), Aaron Davila (2), Izzan Ferreira, Luis Álvarez (1), Xavier Domínguez, P. Mouriño (2), Imanol Justel (3), Jonathan Patiño, Mario Vázquez, Temesguen Alonso, Oscar Ballesteros.

GRUPO LEMACO XIRIA 35 ( 18 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal (1), Martín Fuentes (1), Mario Cancela (6), Daniel Mallo (6), Álex Puñal (1), Áaron Rodríguez (10), Carlos Varela (2), Fernando Mallo (6), Julián García, Diego Antelo (2), Juan Martín Fajardo.