O Grupo Lemaco Xiria inicia a Copa vencendo ao Lavadores

Grupo Lemaco Xiria 39 Balonmán Lavadores 29 (22-15)

Incio de Copa e vitoria para o Grupo Lemaco diante do conxunto vigués do balonmán Lavadores. O equipo carballés quedou encadrado no Grupo I xunto co Seis do Nadal, Teucro, Sar de Redondela, Chapela e o seu rival desta primeira xornada.

Non funcionou a defensa do Xiria, con moi pouca intensidade ante as acometidas do rival e sen profundidade ante os lanzamentos exteriores, a pesar de lo o equipo marcaba facilmente en ataque, movendo con soltura e atopando boas opcións de lanzamento. Tras o inicio de partido igualado, o Xiria poñía unha marcha máis na súa defensa e pasábamos a un encontro cómodo dun equipo local superior que xa mandaba no descanso por 22 a 15.

Quedaban por diante 30 minutos, onde o Grupo Lemaco seguía a darlle ritmo en ataque con boas circulacións de balón, pero non daba axustado a súa defensa, o que situou un marcador alto ao final, 39 a 29 para os locais

Grupo Lemaco Xiria 28 (15): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 4, Alex Gómez 8, Andrés Urbieta 4, Renzo Díaz, Mario Rincón 2, Pedro Pereira 7, Iago Rincón 2, Adrián Mesejo, Franco Rial 1, Xurxo Díaz, Paulo Collazo 1, Brais Vila 6,  Manuel Varela 2 e Diego Rodríguez 2.

Balonmán Lavadores 24 (13): Ivan Capelo e Edgar González(porteiros) , Sergio Beltrán 8, Barciela Costas, Andrés Conde, Pablo Cazapalda 3, Adrián Sobreira, Diego Pérez 12, Pablo Lora 1, Luis Almuiña 1, Pablo Pérez 2, Yoel Abalde e Pablo Fernández 2.

Marcador cada 5 min: 5 -3 / 10-7 / 12-10 / 13-11 / 17-13 / 22-15 // 23-17 / 27-18 / 30-22/ 34-26 / 37-27 / 39 – 29

Arbitraron: Abel Juncal e Julio Villanueva, excluíron a Iker Martínez e a Franco Rial polo Xiria e a Andrés Conde e a Pablo Cazapalda polo Lavadores

DSC_0210 DSC_0212 DSC_0213 DSC_0214 DSC_0222 DSC_0223 DSC_0224 DSC_0225 DSC_0205 DSC_0207 DSC_0208 DSC_0209 DSC_0218 DSC_0219 DSC_0220 DSC_0221 DSC_0215 DSC_0216 DSC_0217