DSC_0117

O Hierros Varela Urbieta cae derrotado fronte do Ribadosar

3ª Xornada da Segunda División Cadete Masculino

Ribadosar Amancio Deportes 23 – Hierros Varela Urbieta Xiria 19

O dobre enfrontamento que tiñan os Cadetes este fin de semana, fixo coincidir os partidos de Segunda e División de Honra, polo que o conxunto do Hierros Varela Urbieta viuse afectado no equipo que desprazou a Santiago.

A falla de cambios pasou factura a un Xiria que dominou na primeira metade con boas decisións en ataque e mobilidade de balón. Co marcador de 8 a 10 a favor, chegábase ao descanso.

Moi longo se lle fixo o encontro, feito que aprobeitou o Ribadosar para igualar e finalmente sentenciar o partido ao seu favor por catro goles de diferenza, 23 a 19.

Ribadosar Amancio Deportes 23 (8): Mateo Mejuto (porteiro) Ari Stermmansoon 4, Xoaquín Tarrio 6, Felipe Ninni 6, Bruno Montes, Gonzalo Guerra 1, Ricardo Franco 3 e Jorge Tourón 3

Hierros Varela Urbieta Xiria 19  (10): Pedro Pena (porteiro) Diego Rodríguez 3, Carlos Varela 2, Javi Rodríguez 3, Manuel Rama 1, Fernando Mallo 4, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís 1, Alex Puñal 2 e Toni Calvelo 3.

 

Arbitrou: Pedro Bermúdez, sen complicacións