port Orense

O Hierros Varela Urbieta comeza a Copa derrotando ao Novás

Hierros Varela Urbieta Xiria 24 – Atlético Novás 20 (11-9)

O Atlético Novás volveu caer derrotado en Carballo, esta vez na primeira xornada de Copa Federación. Partido intenso dende o inicio, onde sobresaíron as dúas porterías,  polo que cada gol era importante especialmente no treito final de partido.

Comezou o Novás impoñendo a súa maior envergadura, poñendo en dificultades ao ataque en posición do Xiria. Tampouco os de O Rosal o tiñan fácil coa defensa aberta dos carballeses, que ían crecendo en amplitude o que lles permitía roubar balóns e marcar de contraataque. Dese xeito o Xiria acadou vantaxe ao descanso.

Máis centrado no encontro o Hierros Varela Urbieta na segunda metade, marcaba diferenzas co seu rival, aumentaba a presión sobre os lanzadores do Novás e parecía facerse coa vitoria, pero apareceu o porteiro rival, que secou aos extremos do Xiria en varios lanzamentos consecutivos. Un pouco de calma e cabeza, volveu a meter aos carballeses no encontro, con accións de penetración polo centro o Xiria conseguía ese resultado final de 24 a 20.

Hierros Varela Urbieta Xiria 24 (11): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 5, Aaron Rodríguez 4, Diego Rodríguez 3, Fernando Mallo 4, Pablo Esmorís , Ivan Hernández , Alex Puñal 2, Xurxo Díaz , Javi Rodríguez e Toni Calvelo 6.

Atlético Novás 20 (9) Eladio Araujo e Andrés Alonso (porteiros) Nicolás Pérez 2, Rubén Pérez 4, Aitor Rodriguez 1, Raul Pereira, Marcos Pombal 5, Yerai Coimbra, Carlos González 1, Alejandro Dorado 4, Rubén López 2 e Mauro Alonso 2.

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso, sen complicacións