hierrors Urbieta

O Hierros Varela Urbieta deixa escapar o encontro diante do Camariñas

2ª Xornada da Segunda División Cadete Masculino

Hierros Varela Urbieta Xiria 21 – Balonmán Camariñas 22  (7-6)

A falla de 5 minutos para o final, o Hierros Varela Urbieta dominaba no marcador 21 a 16, pero na recta final do encontro os nervios, a precipitación e a reacción dos camariñáns dou ao traste cos bos 55 minutos restantes de encontro.

Partido igualado o disputado polos dous equipos no Vila de Noia ante un centenar de seareiros. Defensas que dominaban sobre os ataques, máis espesos, e demasiada precipitación nas xogadas ofensivas que deixaba un marcador de 7a 6 para os locais.

Con máis acerto de cara a portería contraria e con maior solidez na súa defensa o Xiria ía acadando distancia no marcador, xogando cómodo e con fluidez de balón. Pero unha consecución de fallos no ataque pola precipitación de querer resolver o partido e os axustes defensivos, deron a oportunidade de facer a remontada a o equipo camariñán para igualar o encontro e incluso facerse coa vitoria e os dous puntos en xogo.

Hierros Varela Urbieta Xiria 21  (7): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Franco Rial 1, Diego Rodríguez 4, Carlos Varela 10, Aaron Rodríguez 2, Manuel Rama, Fernando Mallo 1, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís 1, Alex Puñal 1, Roque Chao e Toni Calvelo 1.

Balonmán Camariñas 22  (6): Martín Luaces (porteiro) César Carbajal 3,Dylan Mouzo 6, Abel Luaces, Bieito Canosa, Javier Martínez, José Romar, Daniel Carril, Fabio Rojo, Anxo canosa 2 e Aaron Pérez.

 

Arbitrou: Pedro Bermúdez, sen complicacións