O Hierros Varela Urbieta non pode superar ao Ribadosar

Ribadosar Amancio Deportes 37 – Hierros Varela Urbieta Xiria 33– (19-17)

O Hierros Varela Urbieta desprazábase con varias baixas para afrontar o seu partido en Santiago contra o Ribadosar, algo que acusou en varias fases no desenrolo do encontro.

Máis metido nos primeiros minutos o Xiria no encontro, buscaba ben a liña do pivote en ataque, e sabía facer daño con bos lanzamentos, pero pronto igualaba o Ribadosar, as perdas e precipitación no ataque dos carballeses daba opcións claras de contra ao seu rival, que non perdoaba e collía vantaxe no descanso, 19 a 17.

Na continuación, o Xiria apremou en defensa ata que lle aguantaron as forzas, despregando variedade na circulación do balón ante a presión do Ribadosar, aguantou no partido, ata o tramo final no que foi cedendo a vitoria a favor dos santiagueses.

Ribadosar Amancio Deportes 37 (19): Mateo Mejuto e Rubén Suárez (porteiros) Ari Stermmansoon 2, Xoaquín Tarrio 7, Felipe Ninni 6, Bruno Montes, Gonzalo Guerra 13, Ricardo Franco 1, Enrique Vázquez 1 e Jorge Tourón 7.

Hierros Varela Urbieta Xiria 33 (17): Pedro Pena (porteiro) Carlos Varela 10, Diego Rodríguez 2, Fernando Mallo 5, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís 3, Franco Rial 6, Ivan Hernández, Javi Rodríguez, Manuel Varela1 e Toni Calvelo 6.

Arbitrou: Henrique Folgoso, sen complicacións