O Hierros Varela Urbieta pecha unha magnífica tempada

Balonmán Tui 33 – Hierros Varela Urbieta Xiria 28 – (17-12)

Pese a derrota na derradeira xornada da Copa Federación fronte ao Balonmán Tui, o equipo Hierros Varela Urbieta ben de facer unha tempada completísima indo de menos a máis cada semana, e onde os seus xogadores sufriron unha progresión extraordinaria. Campións do seu Grupo de Liga, clasificándose para a Fase Final onde non se dobregaron ante equipos a priori moi superiores, e finalizando cunha gran actuación na Copa Federación cun terceiro posto logo de derrotar ao favorito Pabellón Ourense.
O parón destas tres semanas sen competir, este partido contra Tui era aprazado, notouse na falta de ritmo no Xiria, que pese a comezar dominando, pouco a pouco foi cedendo en defensa sendo incapaz de parar a maior envergadura do seu rival, especialmente tendo problemas de tapar ao pivote rival. A falta de ideas en ataque, e varías perdas de balón, fixeron que o Tui chegase con certa comodidade no marcador ao descanso.
Apremou en defensa o equipo carballés, o suficiente para recortar distancias e achegarse a dous goles, pero volveron as dúbidas no ataque permitindo que os locais roubasen balóns para transformar en contras cómodas. Vitoria merecida do Balonmán Tui e terceira posición na Copa Federación para o Hierros varela Urbieta Xiria.
Balonmán Tui 33 (17) Saúl González e Oscar Alonso (porteiros) Carlos Fernández 8, Xabier Soliño, Adrián Areal 5, Lois Estévez, Alex Rey 6, Alejandro Valverde, Alejandro González, Pablo Gándara 5, Oscar Gómez, Pablo Culleiro, Iago Pereira 7 e Diego Rodríguez 2.
Hierros Varela Urbieta Xiria 28 (12): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 5, Aaron Rodríguez 4, Diego Rodríguez 3, Fernando Mallo 4, Pablo Esmorís, Franco Rial 3, Ivan Hernández , Javi Rodríguez 1,Alex Puñal 1 e Toni Calvelo 7.
Arbitrou: Roberto Trigo, sen complicacións