O Hierros Varela Urbieta perde nun intenso partido co Balonmán Tui

Hierros Varela Urbieta Xiria 24 – Balonmán Tui 26 (14-15)

O sábado disputouse no Pavillón do Fogar un encontro de moita loita de ida e volta, onde pequenos detalles ían a dicir quen se levaba os puntos en xogo, na primeira volta desta fase, o Xiria vencía en Tui, pero desta vez os visitantes acadaron unha merecida vitoria.

Intensidade defensiva dende o primeiro minuto, non permitindo que o contrario se achegase con opcións a portería contraria, esa foi a característica dos primeiros minutos de igualdade no marcador. Tras o primeiros 15 minutos, apremou un pouco máis o Tui en defensa e atinou nos lanzamentos, especialmente dende o extremo, índose de 5 goles no marcador. Nese momento o Hierros Varela Urbieta imprimiu máis velocidade ao seu xogo de ataque, puido saír a contra e foise a tan so un gol para vestiarios.

O desgaste era notorio, especialmente nos lanzadores de ambos equipos, polo que as defensa se repregaron non permitindo espazos para os pivotes e para as penetracións. O encontro converteuse nun toma e daca onde os empates se sucedían no marcador, fallou moito de cara a gol nos derradeiros lanzamentos o Xiria, onde tivo oportunidade de facerse co encontro, non así o seu rival que anotaba as derradeiras accións, os carballeses víronse superados nos derradeiros minutos polo Balonmán Tui.

Hierros Varela Urbieta Xiria 24 (14): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 6, Aaron Rodríguez 4, Diego Rodríguez 3, Fernando Mallo 2, Pablo Esmorís 2, Franco Rial 2, Ivan Hernández , Roque Chao, Javi Rodríguez, Manuel Varela 1 e Toni Calvelo 4.

Balonmán Tui 26 (15) Raúl González e Oscar Alonso (porteiros) Xabier Soliño, Adrián Areal 8, Lois Estévez, Alex Rey 1, Alejandro Valverde 2, Alejandro González 2, Pablo Gándara 2, Oscar Gómez 1, Pablo Culleiro, Iago Pereira 8 e Diego Rodríguez 1.

Arbitrou: Andrea Gregores, sen complicacións