O Hierros Varela Urbieta Xiria debuta na Liga con vitoria en Arteixo

Balonmán Arteixo 12 – Hierros Varela Urbieta Xiria 15  (4-6)

Estreábase este sábado na competición o Hierros Varela Urbieta medíndose nun partido complicado ao Arteixo Balonmán. Poucos goles e primeira vitoria para o Xiria.

A falta de acerto no lanzamento e a intensidade defensiva de ambos equipos deixaba pouco bagaxe no marcador da primeira metade, tampouco o balón do encontro se prestaba, algo que se solucionou cun cambio na segunda metade. O Xiria saíu ben asentado coa defensa 5:1 pero sen demasiada efectividade nas contras, puido marcar diferenzas, pero deixou o partido moi aberto para a segunda metade.

Con maior mobilidade de balón e acerto cara gol, o Hierros Varela Urbieta foi dominando no encontro tomando a dianteira e logrando controlar ao rival. A maior resolución ante a portería contraria froito dun maior ritmo de balón e dunha boa selección de lanzamentos, decantou a vitoria para o Xiria.

Balonmán Arteixo 12 (4): Manuel Gómez (porteiro) , Iago Prieto 4, Henrique Gabriel 7, Luis Vázquez, Manuel Otero, Brais Trillo 1, Nicolás Vázquez, David Gómez e Brais Blanco.

Hierros Varela Urbieta Xiria 15  (6): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Franco Rial 3, Diego Rodríguez 3, Carlos Varela 6, Aaron Rodríguez 2, Manuel Rama 1, Fernando Mallo, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís, Alex Puñal e Toni Calvelo.

Arbitrou: Wallace de Sallas, sen complicacións