O Hierros Varela Urbieta Xiria gaña a domicilio

Emocionante partido o vivido a tarde do sábado no Pavillón de Fontenla na 2ª división cadete feminina.

Na primeira metade ningún dos dous equipos lograba asentar unha defensa sólida e as ocasión de gol chegaban con facilidade nas dúas áreas. A maioría dos goles xalleiros viñan de parte das súas extremos mentras as de Carballo atopaban maior facilidade pola zona centro da defensa contraria. Chegouse ó descanso cun 17 a 19 no marcador.

A pesares de que as de Carballo estiveron por riba no marcador durante toda a primeira metade, as de Santa Comba non se daban por vencidas e co apoio da afición conseguiron apretar o marcador empatando o partido no minuto 50 anotando o 27 a 27. Nos últimos 10 minutos, as numerosas exclusións e os nervios que as rapazas de ambos equipos empezaron a amosar, provocaron numerosas pérdidas de balón que eran aproveitadas polo equipo contrario para contratacar. As do Xiria disputaban os 2 últimos minutos de partido con 2 xogadoras excluídas o que complicaba as opción de puntuar. Unha gran actuación na portería carballesa nos últimos intres permitiu anotar dous contragolpes que determinaron a victoria a favor do Hierros Varela Urbieta por 32 a 34.

As de Carballo puntúan así no seu primeiro viaxe a domicilio na presente competición.

A próxima xornada terá lugar a fin de semana do 20 de outubro contra o Bm. Brigantium en Carballo.

Parciais: 2-6/ 6-7/ 8-9/ 11-13/ 13-17/ 19-21/ 21-23/ 24-26/ 27-27/ 29-30/ 32-34.

BM. XALLAS: Iria Rodríguez, Aida Varela (3), Laura Lois (3), Carla Rodríguez, Antía Oreiro (2), Tania Calvelo, Leticia Souto (18), Lucía Rodríguez, Raquel Vilariño (6), Laura Baña, Ainhoa Cal, Noemi Jallas, Zaira González, Miriam Capelo, Maitena Lois.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Lucía España (3), Lara Otero (6), Anna Hernández (3), Alba García (13), Marta Gómez (2), Nina Pereira (6), Nerea Varela (1), Valeria Figueroa, Uxía Suárez, Lucía Lema.