DSC_0033

O Laber Xiria cae ante un dos favoritos

O laber Xiria recibía no día de hoxe ao Clínica Deza Lalín, un conxunto que, despois de reforzarse con dous xogadores provenientes do Teucro e Seis Do nadal, aumentaban de forma considerable as súas opcións para alzarse co título de campión galego este ano. Por contra, os carballeses, que entre o ano pasado e este perdían a gran parte dos seus efectivos, ven minguadas esas opcións de estar nos postos altos, coma si sucedera en tempadas anteriores. A mostra do partido de hoxe foi un claro exemplo do ún e do outro e os visitantes dominaron de principio a fin nun encontro que se lles puxo de fronte desde os primeiros compases.

Os carballeses saíron ao parquet do Vila De Noia cun bo ritmo de xogo no ataque posicional e Fran, dirixindo con criterio aos seus compañeiros no central, conseguía que estes se movesen con sentido e trasladasen o balón con velocidade. Os erros se producian a posteriori, tanto na selección dos lanzamentos como na precisión dos mesmos, permitindo que os da comarca do Deza conseguisen cómodas vantaxes ao contragolpe. A merma no repregamento defensivo por parte dos de Xiria era máis que evidente, así, o técnico local esgotaba dous dos tres tempos mortos permitidos para incidir sobre esta cuestión. A pesar de todo, nada daba resultado e a diferenza que o Clínica Deza Lalín conseguía ao descanso daba o envite por pechado (10-20). Melloraron as prestacións defensivas dos bergantiñáns tras o paso por vestiarios e no meridiano do segundo acto, o parcial era moito máis axustado (4-6). O Laber Xiria conseguía enlazar varias defensas consecutivas e culminaba os rápidos contraataques na portería dos roxinegros. A selección do lanzamento e o acerto era maior no posicional e o repregamento funcionaba moito mellor, non permitindo as contras dos foraneos. Pero os de Lalín son un gran conxunto e en ningún momento deixáronse sorprender. Nos últimos instantes, onde Fran e Roi tiveron que sentar no banco debido á fatiga acumulada, aqueles volveron poñer a maquinaria en marcha e, aproveitando a circunstancia, poñer de novo terra polo medio ata ese 20-36 final.

O vindeiro xoves 12, día festivo, o laber Xiria viaxará a Chapela para enfrontarse ao conxunto da devandita localidade. Os dous puntos en xogo fanse inprescindibles para que os de Carballo non queden descolgados definitivamente na parte máis baixa da clasificación.

Laber Xiria: 20 (10+10). Samuel Castiñeiras (p), Diego Lema (p), Santi Oreiro (1), Iker Martínez, Iago Rincón, Fran Rey (6), Renzo Díaz, Andrés Vila (9), Alejandro Gómez, Roi Alfeirán (1), Daniel Trigo, Brais (2), Andrés Urbieta (1), Manuel Sánchez.

Clínica Deza Lalín: 36 (20+16). Antón Cean, Juan Lago, Miguel González (2), Brais González (11), Simón Peña, José Rodríguez (3), Alberte Payo (4), Roi Sierra (5), Cristian Varela (1), Javier Iglesias (2), Isaac Couso, Pacheco (1), Brais Lalín, Pablo González, Carlos Cangaos, Rubén Fernández (7).

Parciais 5´:0-4/2-6/3-12/4-14/7-18/10-20/Descanso/12-22/12-23/14-26/16-31/19-33/Final.

Colexiados: Angel Mateos e Pablo Torreiro. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 4ª xornada da liga de División de Honra en categoría xuvenil celebrado no Vila De Noia ante un centenar de sareiros.

Fotos:

DSC_0067

DSC_0031

DSC_0041

DSC_0044

DSC_0049

DSC_0053

DSC_0056