O Laber Xiria cede diante do Clínica Deza Lalín

Clínica Deza Lalín  34 Laber Xiria 28 – (19-15)

Tiña un difícil compromiso na Copa Federación o Laber Xiria ao ter que visitar ao campión de Liga ao Clínica Deza Lalín, e por riba, coas baixas de tres homes de peso no equipo, Andrés Vila, Fran Rey e Santi Oreiro. Pero non se encolleu o Laber Xiria, ao revés, dou a cara e xogou por veces a un alto nivel tanto defensivo coma no ataque.

A defensa presionante no lado dereito por Parte do Xiria, poñía en certas dificultades a circulación do balón do contrario, que so con accións individuais conseguía marcar. O Laber anotaba e non perdía excesivos balóns en ataque, o que lle permitía seguir de cerca no marcador ao seu rival.

As diferenzas físicas foron determinantes na segunda metade, cun Lalín en 6:0 e de maior envergadura arroupando ao seu porteiro, pese a elo o Xiria foi buscando e conseguindo boas accións de lanzamento para seguir medrando. Derrota 34 a 28 nunha das canchas máis difíciles da categoría.

Balonmán Lalín 34 (19): Pacheco Steinummor e Antón Cean (porteiros), Juan Lago, Miguel González 1, Brais González 14, Carlos varela 2, Simón Peña, Alberte Peña 6, Roi Sierra 4, Cristian Varela , Férnandez Domínguez 6 , Isaac Couso 1, Pablo González

Laber Xiria 28 (15): Samuel Castiñeiras e Diego Lema(porteiros) Andrés Urbieta 3, Manuel Sánchez 1, Roi Alfeirán 2, Alejandro Gómez 4, Brais Vila 1, Mario Cancela 5, Iker Martínez 1, Iago Rincón 6, Renzo Díaz 1, Dani Trigo  e Pedro Pereira 4.

Marcador cada 5 min: 4-4/ 10-6 / 14-9/ 16-11/ 16-13/ 19-15/ 21-17/ 23-17/ 26-19/ 29-22/ 32-24/ 34-28/

Arbitrou: Alfonso Canitrot,, sen complicacións