O Laber Xiria cede por unha mala primeira metade ante o Luceros

Balonmán Luceros 25 – Laber Xiria 23  (12-12)

Puido sacar algo positivo o Laber Xiria da cancha o Luceros este domingo, pero unha pésima primeira metade pasou factura ao equipo pese a chegar a remontar o encontro.

O plantel curto págase excesivamente en este tipo de encontros ante rivais directos, foi o que aconteceu no partido que enfrontaba ao Laber co Luceros, faltoulle efectivos para poder dar a volta ao marcador e  facer a remontada.

Comezaba o encontr0 con dous equipos igualados dentro da cancha, pero aos 15 minutos o Xiria empezou a desaxustar a súa defensa e bloquearse no ataque, as perdas de balón apareceron propiciando a contra do rival. Sobre o minuto 20 chegaba a maior diferenza cun 14 a 7 que parecía decantar o encontro cara o Luceros, pero reaccionaron os xogadores do Laber, cambiaron a 5:1 defensivo e aumentaron a intensidade  o que permitiu roubar uns balóns que daban esperanza ao descanso 15 a 10.

Restaban 30 minutos onde os xogadores  amosarían que podían co rival, ou polo menos intentaríano. Volvendo a defensa 6:0 do inicio, pero con maior movemento de pernas e lectura do rival, xunto con mellor selección de tiro e buscando ao xogador determinante no ataque carballés , Andrés Vila, o equipo achegouse a un gol e puxo contra as cordas ao rival no remate do encontro, pero fallou nos momentos determinantes, cedendo o encontro por dous goles 25 a 23 ao final.

 

Balonmán Luceros 25 (15): Ivan Malvido e José Cerqueiras (porteiro) , Marcos Villar 1, Ismael Alonso, Xian Prieto 3, Iker Piñeiro, Alexandro Darín 2, Eric Bermúdez 4, Aaron Bon, Javier Figuira 3, Pedro Cerqueira 8, Diego Martínez 4, David Fonseca e Pablo Giraldez.

Grupo Lemaco Xiria 23 (10): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Andrés Vila 12, Fran Rey 2, Santi Oreiro 3, Andrés Urbieta, Alex Gómez 4, Manuel Sánchez, Roi Alfeirán 1, Iago Rincón 1e Dani Trigo

Marcador cada 5 min: 1-3/ 3-3 / 6-3/ 11-6/ 14-7/ 15-10/ 17-12/ 20-17/ 22-19/ 22-21/ 24-22/ 25-23

Arbitraron: Erik Fernández, moi mal

DSC_0219 DSC_0220 DSC_0222 DSC_0223 DSC_0224 DSC_0225 DSC_0226 DSC_0230 DSC_0231 DSC_0232 DSC_0233 DSC_0234 DSC_0235 DSC_0236 DSC_0237 DSC_0239 DSC_0241 DSC_0242 DSC_0244 DSC_0245 DSC_0246 DSC_0247 DSC_0252