destacada

O Laber Xiria continúa traballando na Copa cara ao futuro.

Na mañá deste Domingo, o Laber Xiria recibía no Carballo Calero ao campión galego, o Seis Do Nadal de Vigo. Independentemente da entidade do rival, o conxunto de Carballo segue co obxectivo de ir axustando as vimbias para a tempada que vén e por iso é polo que, fiel a estes principios, a segunda competición oficial estean a xogala só os xogadores de primeiro ano e os cadetes que a tempada 2017/18 formarán parte deste grupo. Neste contexto, a idea é ir gañando tempo ao tempo e conseguir que certos conceptos sobre o modelo de xogo váianse asimilando, así como as sociedades entre os que serán novos compañeiros. O reto ante o campión galego era o máis complicado posible, pero os xogadores afrontaban a dificultade sabedores de que a meta se fixa no medio-longo prazo, ansiosos por demostrar do que eran capaces ante o mellor equipo da liga sen os seus compañeiros de segundo ano. Os erros existiron, como parece natural cos hándicap anteriormente mencionados, pero  o resultado non foi peor que con todo o cadro de persoal ao completo e tamén houbo moitas conclusións positivas, sobre todo no segundo tempo. O partido, non respondía nos seus comezos ás esixencias que os conxuntos se impoñerían en liga, onde o premio do campionato de España é o caramelo que todos desexan alcanzar e iso levábanos a un cúmulo de imprecisións e erros que nos deixaban cun asombroso 0-0 no minuto 5 e un 1-2 no 10. Pasado o meridiano (2-4), os olívicos comezaron a quentar motores, non tanto pola súa mellora no xogo, como polas facilidades que ofrecía o Laber  con continuas perdas de balón e así se chegaba ao termo do primeiros trinta minutos cunha cómoda vantaxe de 8-16 para os visitantes. No segundo acto, os bergantiñáns mostráronse máis regulares e tiveron algúns momentos de bo balonmán no que puideron facer dano ao seu rival, tanto en defensa como en ataque e iso provocaría que o parcial fose moito máis axustado nesta segunda parte (15-18). Non foi un bo partido por parte de ningún dos dous conxuntos, típico encontro de Copa e de final de tempada onde as imprecisións e os erros estiveron presentes durante a maior parte do tempo, pero que servíu para que estes xogadores, que serán os xuvenís do ano que vén, sigan sumando minutos entre eles.

Laber Xiria: 23 (8+15). Antonio Mato (p), Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Santiago Oreiro (2), Fran Rey (2), José Varela (1), Andy Rey (5), Roi Alfeirán (8), Andrés Urbieta (1), Manuel Sánchez, Pedro Pereira (1), Andrés Vila (3).

Seis Do Nadal 34 (16+18): Rubén iglésias, José Rodríguez (2), Yago Santomé (7), D. González (2), R. Rodríguez Millos (6), Samuel Alfaya (2), A. Domínguez Prieto, Antón Rivas (4), Martín Gayo (5), Julio Alonso, R. Fernández, I.C. Rodríguez (2), Lois Pérez (4).

Colexiados: Cesar Carballo e Pablo Barreiro. Sen complicacións.

Parciais cada 5¨: 0-0 / 1-2 / 2-4 / 5-9 /6-13 / 8-16 -Descanso – 10-19 / 13-23 / 15-25 / 16-28 / 19-32 / 23-34.

Fotos do encontro:

DSC_0371 (1)

DSC_0381 (1)

DSC_0383 (1)

DSC_0391 (2)

DSC_0392 (2)

DSC_0393 (2)

DSC_0394 (2)

DSC_0397

DSC_0405 (1)

DSC_0416

DSC_0418 (1)

DSC_0425 (1)

DSC_0427 (1)

DSC_0434 (1)

DSC_0439 (3)