O Laber Xiria imponse nun partido de despropósitos

Foi un encontro cunha intensidade moi baixa o ofrecido polo BM. Porriño e o Laber Xiria no municipal porriñés onte Sábado. Os erros sucedíanse por parte dun e outro equipo en descoidos absurdos ou con motivo do exceso de présa. O Laber dominou no marcador desde o inicio, pero as súas irregularidades ao longo dos sesenta minutos (20 balóns perdidos), motivaron que o resultado final permanecese sempre nun halo de incerteza.

A primeira parte foi máis igualada, con sucesivos empates ou distancias mínimas dos de Carballo. A ineficacia das defensas, non daba opcións a que ningún dos dous conxuntos distanciásese e o marcador de 14-16 ao descanso, deixaba todo por decidir cara á continuación.

Foi no inicio do segundo tempo cando os bergantiñáns, que agora actuaban cun punto máis de intensidade, conseguían distanciarse cun 2-6 de parcial nos pimeros 10´. O axuste defensivo foi clave para a recuperación de balóns e para poder explotar o contraataque, tanto en primeira como en segunda onda. Este parcial sería, ao cabo, clave no devir do encontro e é que a diferenza se mantería ata o final, facendo posible que os dous puntos en xogo viaxasen ata Carballo.

Con este resultado, o Laber Xiria colócase sexto na clasificación, a un só punto do cuarto, á espera de recibir no Vila De Noia o próximo fin de semana á SAR de Redondela.

  1. Porriño: 24 (14+10). Rodrigo Martínez, Samuel Pampillón, Alejandro Canosa, Manuel Pérez (11),Jesús Maquieira (2), Iván Fandiño (2), Pedro Pereira, Alai Merino, Angel Bastos (6), Miguel Martínez, Mario Basconcello, Lucas Domínguez, Hugo (1).

Laber Xiria: 29 (16+13). Samuel Castiñeiras (p), Santiago Oreiro (5), Francisco Rey (9), Renzo Díaz, Andrés Vila (9), Roi Alfeirán, Daniel Trigo (2), Andrés Urbieta (4), Manuel Sánchez, Iker Martínez.

Parciais 5´: 3-3/6-8/9-10/11-11/13-13/14-16/Descanso/15-18/16-22/18-24/19-25/21-27/24-29

Colexiados: Inocencio Pérez e Yoel Pereira. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 10ª xornada da División De Honra xuvenil disputado no Pavillón municipal de Porriño ante un cincoenta de seareiros.