O Laber Xiria inicia a competición cunha traballada vitoria

O Laber Xiria xuvenil, recibía no Vila De Noia, na que era a primeira xornada da División de Honra 2016/17, a un conxunto cun alto nivel competitivo e con moitos xogadores interesantes con gran proxección futura. O BM.Carballal, como xa demostrase hai uns meses na fase que daba acceso ao campionato de España, ía ser, a recado, un conxunto moi dificil de bater e así se demostrou, a pesar do avultado resultado final, que para nada acredita o rifado do envite.  Non foi, até os quince últimos minutos do partido, cando o Laber Xiria rompíu o encontro e abríu unha brecha xa insalvable para os visitantes, que até entón e desde o inicio, foran a remolque no marcador pero con diferenzas moi curtas.

Nun enfrontamento onde as defensas mostráronse duras e contundentes, as exclusións puideron ser claves no devir dos acontecementos e, neste contexto, o Laber Xiria sóubose mover moi ben durante o sesenta minutos, cun e mesmo con dous xogadores menos. A disciplina atacante e as poucas perdas de balón, foron claves para que os carballeses sumasen dous puntos no día de hoxe. A lesión de Roi e de Mario sumábanse á que xa padecía Santi e os poucos efectivos con que se contaban, se agrababa aínda máis coa terceira exclusión de Fran no minuto 45 do encontro. Aínda así e con todos estes inconvenientes, o Xiria soubo xogar con disciplina e utilizar as tácticas idoneas en cada momento, correr ou pausar segundo conviña e asumir as responsdabilidades individuais de forma correcta. O marcador, que xa reflectía un 13-10 ao descanso, foise incrementando ao longo da segunda parte, para romperse definitivamente no meridiano do segundo acto, grazas á velocidade e efectividade no contragolpe.

A próxima semana, o Laber Xiria visitará Redondela para enfrontarse ao dificil conxunto da SAR.

Laber Xiria: 34 (13+21). Antonio , Souto, Mario Lema, Samuel, José (1), Carlos (9), Andrés Vila (6), Tito (4), Manuel Sánchez, Santi, Roi (2), Ronaldo, Andy (1), Fran, Juanca (11).

A.D Carballal: 19 (13+6). Jorge, Samuel, Pablo, Yago (5), Brais, Jesús, Simón (3), Borja (3), Alonso (3), Julio (1), Xabier (4), Sergio, Oscar, Lucas, Lois, Barciela.

Colexiados: Angel Villar e Carlos Calvar. Ben, sen complicacións.

Parciais cada 5´: 1-0/4-2/7-4/9-5/11-7/13-10-Descanso- 17-12/22-14/25-16/28-19/31-19/34-19-Final.

Incidencias: Partido da primeira  xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no Vila de Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Fotos do encontro:

destacada

dsc_0467

dsc_0469-1

dsc_0471

dsc_0472-1

dsc_0473-1

dsc_0474

dsc_0475-1

dsc_0477-1

dsc_0479

dsc_0481-2

dsc_0483-1