O Laber Xiria móstrase moi superior en Bueu

O pasado sábado, enfrontábanse no municipal Pablo Herbello de Bueu o BM.Bueu xuvenil e o Xiria Laber. Era a terceira confrontación nesta tempada. As dous anteriores, en liga, terminaran con marcadores avultados para os de Carballo e esta, en Copa Fedederación, resultaría igualmente moi dispar e cos do Laber mostrando a súa superioridade. Era unha tarde asollada e calorosa e o partido, que daría comezo a en un horario pouco habitual (16:30), daba as súas primeiras rabexadas mostrando aos de Xiria sen ritmo e distraídos, acumulando perdas de balón nestes primeiros compases. A situación era inusual, dada as diferenzas entre os dous conxuntos a día de hoxe, pero o marcador espertaba da sesta aos bergantiñáns que vían como transcorreran xa dez minutos e atopábanse por detrás no envite (6-5). Co pasar dos minutos, o Laber Xiria foise asentando na cancha e, aínda que non foi capaz de completar unha gran primeira parte, si fixo o suficiente para impoñerse ao termo dos primeiros trinta minutos cunha cómoda diferenza que se antollaba insalvable para o rival (11-18). Na continuación, os verdinegros seguirían crecendo na súa inercia positiva e conseguirían pechar a súa portería desde o minuto 40 ao 55 con tan só 15 tantos en contra. Un parcial de 0-9 nese tempo, terminaba por decantar o choque a favor dos de Carballo e facía realidade a segunda vitoria do Laber Xiria nesta competición despois de tres xornadas transcorridas. Dentro de dous fins de semana, os xuvenís do Xiria terán un duro reto que afrontar, xa que recibirá no Vila De Noia aos actuais campións galegos, o Seis Do Nadal.

Bueu: 18 (11+7). Simón Loira, Hugo Gallego, Rubén Millán (6), Angel Barreiro, Eloy Malvido (2), Marcos Ríos, Isaac Maqueda, Pablo Baqueiro, Pablo Ferradanes, Manuel Cruz (7), David Castellanos, Fabián Alvariñas, Adrián Fazanes (3).

Laber Xiria: 36 (18+18). Sanuel Castiñeiras (p), Manuel Souto (p), Andrés Vila (10), Roi Alfeirán (6), Francisco Rey (3), José Varela, Santi Oreiro (3), Andy Rey (4), Manuel Sánchez, Andrés Urbieta (4), Pedro Pereira (3), Alejandro Gómez (3).

Parciais cada 5´: 3-3/6-5/8-9/9-13/9-16/11-18/Descanso/14-21/15-25/15-28/15-30/15-34/18-36/Final.

Colexiados: Cesar Carballo e Víctor Freire. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 3ª xornada da Copa Federación na categoría xuvenil, disputado no pavillón Pablo Herbello de Bueu ante cincuenta seareiros.