O laber Xiria remata o ano cun empate en Redondela

O Laber Xiria viaxaba este Domingo a Redondela para enfrontarse á SAR no que sería o último partido de Copa Federación e con iso,  da tempada 2106/17. O encontro xogouse co típico ritmo que veñen desenvolvendo os partidos de Copa: baixa intensidade, numerosos erros, pouco xogo colectivo, ambiente frío……Todo iso deparou sesenta minutos entre dous conxuntos máis preocupados por cumprir o trámite que por outra cousa e iso desembocou nun espectáculo pouco vistoso e moi trabado. O equipo local mantívose por diante no marcador durante todo o partido, cun Xiria que subía e baixaba as súas prestacións ao longo dos sesenta minutos, alternando momentos de lucidez con outros de erros consecutivos non forzados. Os choqueiros íanse ao descanso dominando por 14-12 e o Laber Xiria achegábase aos seus rivais despois de ir por detrás ata de catro goles de diferenza (7-3). Tras uns primeiros instantes igualados na continuación, a SAR volvería poñer terra polo medio, sacando vantaxe grazas sobre todo aos seus lanzamentos exteriores, sen desmerecer as dificultades que impoñían á defensa carballesa no xogo co pivote.Transcorría o minuto vinte do segundo acto e os redondelanos dominaban por 29-23, unha vantaxe folgada e máis que contundente para o momento no que se atopaba o partido. Foi entón cando o Laber Xiria reaccionou e  apoiados nunha maior solidariedade colectiva, tanto en defensa como en ataque, endosou un parcial de 2-9 ao seu rival e adiantábase no marcador a falta de quince segundos para terminar o encontro (31-32). A blocaxe no último lanzamento á desesperada do central da SAR, quedaba morto na liña de seis metros, con tan mala sorte que o propio lanzador collería o rexeite e marcaría o tanto do empate cando a chicharra soaba no Novo Pavillón da Mariñas.

SAR: 32 (14+18). Lucas Bouzón (2), Gabriel Cerqueira (3), Samuel Costas, Yahia Baati, Gael González, Angel Pérez, Iñaki Míguez, David Chao (8), Iago Vidal (9), David Vázquez (3), Yeray Soutullo (2), Pablo Piedrasotero (1), Javier Rivas (2), Javier Mera (2).

Laber Xiria: 32 (12+20). Samuel Castiñeiras (p), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán (1), Andy Rey (5), Fran Rey (4), Alex Gómez, Andrés Urbieta (5), Santiago Oreiro (1), Pedro Pereira (2), José Varela, Andrés Vila (14).

Colexiadas: Soraya Abelenda e Andrea Argibay. Ben, sen complicacións.

Parciais cada 5´:  3-1/7-3/8-5/10-7/11-10/14-12 –Descanso-18-16/23-19/26-21/29-23/30-26/32-32 –Final.

Incidencias: Derradeiro encontro da da competición 2016/17 celebrado no Pavillón no Novo Pavillón Das Mariñas en Redondela ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.