O Laber Xiria salgue vitorioso dun competido derbi.

No Vila de Noia, dábanse cita no día de hoxe o Laber Xiria e o BM.Artabro, no que sería o primeiro derbi da tempada 2016/17. Coma se dun presaxio tratásese, o primeiro balón de partido do que dispuñan os locais, voaba en primeira onda de Antonio a Carlos e leste, só contra o porteiro, estrelaba o lanzamento no pau. Era o primeiro de moitos lanzamentos errados, que, xunto ás imprecisións, os descoidos e os erros no pase e na recepción, daban ás a un conxunto visitante que crecía co transcorrer do envite. Os comezos parecían esperanzadores, xa que a solidez da retagarda e o blocaxe dos carballeses, impúñanse aos lanzamentos de Iago Franco e os intentos de penetración dos atacantes rivais. Cun sentido táctico notable, o Xiria dominaba ao seu rival e adiantábase cun esperanzador 6-3 nos inicios do partido. O BM.Artabro parecía noqueado, en shock, pero cinco balóns perdidos de forma consecutiva, eran transformados noutros tantos goles Polos coruñeses, que si se mostraban finos no contragolpe. Os agasallos dos verdinegros espertaban ao seu rival e comezábase a intuír outro escenario. O Laber Xiria era agora o que entraba nun estado de ansiedade nada recomendable e os erros acumulábanse. O bo traballo colectivo desaparecía e as accións individuais apropiábanse duns xogadores claramente atenazados. Por contra, o BM.Artabro comezaba a facer dano á defensa rival, os lanzamentos de Iago perforaban agora a portaría de Antonio e as dúbidas ían en aumento nunha retagarda sen disuasión na liña de tiro e con pouca profundidade. Só algúns escintileos individuais daba unha mínima vantaxe aos bergantiñáns ao fío do descanso, nun intercambio de goles fronte ás febles defensas (15-14). E si as defensas non funcionaron no primeiro período, hai que dicir que foi a base onde o Laber Xiria apontoaría a súa vitoria final. O 3-1 de parcial no primeiros cinco minutos do segundo acto e o oito goles que conseguíu o seu rival nesta parte, foi clave para seguir gozando de ese liderado na liga, que pasaba por sumar hoxe os dous puntos en xogo. Así foi como o conxunto de Carballo mantivo sempre unhas diferenzas de entre dous e tres goles no segundos trinta minutos e puido amplialos até o seis de diferenzas cando o encontro tocaba ao seu fin (28-22).

A competición non para e a esixencia da mesma tampouco, por iso e a pesar que o Laber Xiria celebra hoxe o seguir invicto e liderando o campionato, a vista xa esta posta en Vigo, onde os carballeses enfrontaranse ao Octavio o próximo fin de semana.

Laber Xiria: 28 (15+13). Antonio (p), Souto (p), Samuel (p),  José, Carlos (8), Andrés Vila (5), Manuel Sánchez, Roi (4), Ronaldo (1), Andy (1), Fran (2), Juanca (7), Santi.

BM.Artabro: 22 (14+8). Iago (6), Daniel, Jorge (5), Andrea Marie, Mouriño, David (2), Domingo (1), Anxo (2), Pablo (1), Fernández (5). Remeseiro.

Colexiados: Rogelio Rojas e Andrés Hermida. Sen complicacións.

Parciais cada 5´: 4-3 /6-5 /8-8 /10-11 /14-13 /15-14-Descanso-18-15 /19-15 /21-19 /23-19 /24-20 /28-22-Final.

Incidencias: Partido da quinta  xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no pavillón Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Clasificación:

clasificacion

Fotos do encontro:

dsc_0055-1

dsc_0060-1

dsc_0064

dsc_0067

dsc_0068-1

dsc_0068

dsc_0069

dsc_0071

dsc_0081-2

dsc_0083

dsc_0085

dsc_0086

dsc_0087-1