O Laber Xiria vence ao Nova Xestión Pabellón

Laber Xiria 29 – Nova Xestión Pabellón 23 (15-12)

Sufriu demasiado o Laber Xiria para superar ao equipo ourensán do Pabellón, non dou axustado a defensa, non reaccionando ante o ritmo canso do rival que rozaba o pasivo en tódalas xogadas de ataque, e cando conseguía recuperar o balón para saír con velocidade a contra, precipitábase en exceso errando en lanzamentos claros.

Tomou pronto vantaxe no marcador o Laber Xiria, pero en ningún momento foi quen de decantar o encontro ao seu favor durante a primeira metade. Os carballeses marcaban con facilidade, pero eran incapaces de evitar que o seu rival anotase nestes primeiros 30 minutos.

As tornas cambiaron na segunda metade, onde se viu un Xiria máis activo en defensa que poñía en dificultades a circulación de balón do Ourense. A vez, os locais ían solucionando en ataque de cara a gol e o partido resolveuse cunha clara vitoria para o Laber no partido que marca o inicio dunha segunda volta onde o equipo deberá corrixir algúns aspectos que o fagan máis competitivo contra rivais do seu nivel.

Laber  Xiria 29 (15): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 6, Santi Oreiro 3, Andrés Urbieta 2, Pablo Cambón, Andrés Vila 5, Roi Alfeirán , Renzo Díaz, Brais Vila, Alex Gómez  12, Iker Martínez,  Iago Rincón 1, Dani Trigo e Pedro Pereira.

Nova Xestión Pabellón 23 (12): Manuel González  e Martín Rodríguez (porteiros), Alexandro Álvarez, Martín Rodríguez 8, Israel Santos, Pablo Fernández 3, Alfonso Sampayo 3, Raúl Nogueral 6, Marcos Vila, Salvador Duarte 3 e José Fernández.

Marcador cada 5 min: 4-3/ 7-4 / 9-7/ 11-8/ 13-9/ 15-12/ 18-14/ 21-17/ 23-19/ 26-20/ 28-21/ 29-23

Arbitraron: Pedro Bermúdez e Henrique Folgoso, ben, sen complicacións