O Laber Xiria viuse superado pola Sar na segunda metade

Sar Redondela 29 – Laber Xiria 25 (12-14)
Tras unha primeira metade onde se amosou superior ao seu rival, o Xiria foi cedendo co transcorrer do encontro, a perda de intensidade defensiva e a falta de claridade no ataque foron aproveitadas pola Sar de Redondela.

Primeira metade onde os carballeses deberon de levar máis rédito cara os vestiarios, pois amosáronse mellor plantados na pista, buscando boas e efectivas opcións de lanzamento e contundentes e ben colocados en defensa, varias saídas a contra poñían ao Xiria con certa vantaxe preto do descanso, ao final a Sar achegábase no marcador reducindo a diferenza a dous goles.

Na continuación os locais apostaron dende inicio por unha defensa mixta sobre Alex Gómez, o que complicaba a continuidade do balón para o Laber Xiria, a pesar de lo atopáronse sen dificultade boas opcións de lanzamento, pero aí apareceu o porteiro da Sar que con súas intervencións secou a racha goleadora dos carballeses e permitiu ao seu equipo cobrar vantaxe no marcador. Na recta final do encontro o Xiria achegouse con opcións, coa volta da intensidade defensiva, pero unha inxusta acción de sete metros e exclusión facían imposible volver a meterse no encontro.

Sar Redondela 29 (12): Iñaki Míguez Alfaya e Martín (porteiros) , Raúl Domínguez 2, Gael González 2, Juan Bas 3, Javier Mera 3, Ángel Pérez 1, Diego Alonso 4, Alejandro Santos, SergioMurillo, Daniel Virulegio 4, Javier Rivas 9 e Lorenzo Míguez 1

Grupo Lemaco Xiria 25 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 5, Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 7, Dani Mallo 3, Franco Rial 4, Diego Antelo, Aaron Rodríguez, Brais Vila 2, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta e Manuel Rama 1.

Arbitraron: Diego Vázquez e Nerea Cameselle, sen complicacións.