DESTACADA ok

O Laber Xiria xogarase todo a unha carta na última xornada

Despois da derrota no día de onte ante o Luceros, o Laber Xiria disputará unha auténtica final o próximo fin de semana ante o Teucro en Carballo. O partido será a última bala para pontevedreses e carballeses co obxectivo de entrar na fase final da competición e polo tanto poder soñar con lograr a outra praza que daría acceso ao campionato de España. Os bergantiñáns, tiñan a oportunidade de sumar ese punto que lles clasificaría matematicamente para esa fase este fin de semana pasado, pero o Luceros, tal e como xa fixese na primeira volta, mostrouse intratable e acabou sumando os dous puntos en xogo con absoluta solvencia. Nun encontro sen historia que xa estaba sentenciado no primeiro tempo (18-8), o Xiria mostrou unha cara moi afastada do seu mellor nivel. O 4-1 de inicio co que o Luceros se adiantaba nos primeiros minutos, foi fiel presaxio do que realmente ía acontecer e aínda que o técnico visitante pedía o seu primeiro tempo morto para cortar o empuxe dos de Cangas, a reacción dos verdinegros nunca chegaría. As continuas perdas de balón (ata vinte ao longo de todo o encontro), farían imposible unha xesta xa de por se complicada. A todo iso sumábase a ineficacia no ataque posicional, unicamente impulsado a arreóns por accións individuais en prexuízo do colectivo e que en ningún momento supuxeron ameaza algunha para a retagarda e a portería dos do Morrazo. A defensa non funcionaba moito mellor e deixaba vendidos aos gardametas carballeses ante os lanzamentos exteriores da primeira liña rival. Moitos dos goles encaixados, chegaban tras perdida dos balóns na transición, goles que se sumaban un tras outro de forma sinxela e cun balance defensivo inoperante. Con este resultado e como diciamos, o Laber Xiria terá unha nova oportunidade, a última, para conseguir o obxectivo de

xogar esa fase final a final de mes. As numerosas baixas e os xogadores “tocados”, xa non poderán ser escusa ante un rival, o Teucro, que se xoga do mesmo xeito que os de Carballo, o todo polo todo. Haberá que sobrepoñerse a todas estas dificultades para conseguir ese terceiro posto que o Laber defendeu durante practicamente toda a competición.

BM.Luceros: 36 (18+18).  David Lemos, Mauro Refojos (5), Carlos Veloso (6), Javier Figueroa (4), Pedro Cerqueira (1), David Fonseca (1), Iván Malvido (1), Daniel Fernández, Bruno Vázquez (1), Marcos Villar (3), Ismael Alonso, Miguel Pousa (8), Alberto Alonso (5), Eric B. Vidal (1).

Laber Xiria: 24 (8+16). Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Antonio Mato (p), José Varela, Andrés Vila (8), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán(2), Ronaldo Durán, Andy Rey, Fran Rey (1), Juan Carlos Rodríguez (8), Santiago Oreiro (2), Pedro Pereira (2), Andrés Urbieta (1).

Colexiados: Abel Juncal e Julio Villanueva. Sen complicacións.

Parciais cada 5´: 3-1 /6-3 /10-4 /12-5 /15-6 /18-8-Descanso-21-11 /24 -13 /25-16 /28-20 /33-22 /36-24-Final.

Incidencias: Partido da penúltima  xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no pavillón Gatañal de Cangas ante un centenar de seareiros.

Fotos Do Encontro:

DESTACADA

 

 

DSC_0001 (1)

DSC_0002

DSC_0003

DSC_0007

DSC_0012

DSC_0013

DSC_0107 (5)

DSC_0108

DSC_0114 (3)

DSC_0115 (2)