img_6201

O Marmolería J. Rey vence ao BM. Lucus con dous partes ben diferenciadas

O Marmolería J. Rey de categoría infantil, venceu de forma clara e contundente ao BM. Lucus no día de hoxe, aínda que o xogo dos de Carballo mostrou dúas caras ben diferenciadas, deixando na retina unha boa primeira parte e unha segunda na que o resultado presentou moitos máis altibajos. Os comezos foron realmente esperanzadores e proba diso era o tempo morto que tiña que solicitar o técnico visitante cando tan só levábanse disputados tres minutos de xogo e o marcador reflectía un 3-0 favorable ao conxunto local. Os mozos de Xiria estaban maniatando en defensa ao seu rival, que non era capaz de achegarse a menos de doce metros da portería verdinegra. Recuperacións de balón e rápidos contragolpes, sumaban as primeiras accións en favor dos carballeses, que tamén mostraban a súa superioridade no ataque posicional, atopando con facilidade os espazos efectivos cara á portería contraria. Os mozos de lugo conseguían facer dano en situacións de 2×2 logo de saque de vez franco e nalgunhas accións individuais esporádicas, pero facíase insuficiente o bagaje ante a superioridade do Marmolería J. Rei que xa vencía ao termino do primeiro acto por un amplo 16-8. A segunda parte dos bergantiñanos foi moito máis irregular e durante os primeiros minutos deste tempo, o equipo sumaba demasiadas perdidas de balón e mostrábase atascado no posicional, excesivamente estáticos e superados pola defensa dos visitantes. A debilidade defensiva tamén se facía patente, sen contactos nin axudas e o BM. Lucus reducía ligeramente o colchón de goles que tiñan os locais. Bastou cun último arreón dos mozos de Xiria para volver poñer terra polo medio e conseguir a primeira vitoria de Cópaa Federación por ese contundente 33-18.
  Marmolería José Rey Xiria: 33 (16+17). Andrés García, Anxo Canosa, José Alberto Suárez, Juan Martín Fajardo, Martín Fontes, Alex Puñal, Asel Cambón, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Darío Calviño, Miguel Goimil.BM. Lucus: 18 (8+10). Pablo Fernández, Angel Ramos, Sergio Fernández, Sergio Laiz, Yago García, Esteban Díaz, Juan Carlos Amedo, Mateo Vázquez, Brais Redondo, Adrián Lòpez.

Colexiados: Gabrial Folgoso e Wallace Moreira. Sen complicacións.

Incidencias: Primeiro encontro da Copa Federación disputado no Vila De Noia ante un centenar de seareiros.