Culleredo-MJR

O Marmolería Jose Rey segue a crecer

O Marmolería José Rey viaxaba a Culleredo para continuar coa progresión que leva nos últimos partidos, que os fai crecer aos poucos. A primeira parte en defensa estivo marcada pola pasividade nas situacións dun contra un. En ataque comezamos ben, pero pronto empezamos a buscar situacións que non son as que vimos traballando, realizando un xogo moi parado. Isto fíxonos chegar ao descanso con 11-5. Moi distinta foi a segunda parte, vimos o xogo que caracteriza a este equipo, con accións nas que conseguiamos recibir en balón en carreira. En defensa máis activos conseguindo erros de pase do Culleredo e pechando, en varias ocasións, as situacións de perigo na zona central. As sensacións foron totalmente distintas ás da primeira parte, achegando todos os xogadores do persoal cosas positivas.

BM CULLEREDO CONSTON PEREIRO 18 (11+7) Mateo de Salvador (1), Iván Manzo, Juan Pablo Sorreira (1), Pablo Fernández (4), Brais Pérez, Álvaro Diéguez, Sergio Pasandin, Alberto Bouzas (2), Gonzalo Palleiro (2), Eloy Capelo (4), Victor González (1), Daniel Gonzalez (2)

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 13 ( 5 + 8 ): Alejandro Vázquez [p], Pedro Porteiro 2(), Miguel Pérez, Oscar Tasende, Samuel Veiga (2), Samuel Regueira (4), Nicolás García, Alberto Rodríguez (3), Aarón Rodríguez (1), Bruno Facal (1), Erik Vázquez.

Culleredo-MJR3

Culleredo-MJR2