O Marmolería José Rey Xiria finaliza cun bo encontro

Xogábase o último partido da fase de grupos de Copa Federación na segunda división infantil masculina. O Marmolería José Rey finaliza terceiro despois da vitoria deste fin de semana fronte ao Línea 21.

O conxunto de Carballo mostrouse superior ao longo dos 50 minutos por iso é polo que o resultado final fose de 12 a 28. Non se puido clasificar entre os dous primeiros; pero a tempada competitiva finaliza con bo sabor para estes xogadores que viron como crecían aos poucos a medida que avanzaba a tempada. A partir do ano que vén as esixencias xa serán outras debido á madurez dos xogadores e o nivel da competición.

Quedan 3 semanas de adestramentos, coa mirada posta no período transitorio, para enfocar da mellor maneira, o desenvolvemento físico dos xogadores.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Novo Mesoiro ante un centear de seareiros.

LÍNEA 21 O ABADE 12 ( 4 + 8 ): Daniel Sampaio, Hugo Santiago, Sahiel Costa Avivar, Pablo Castiñeira, Adrián Canosa, David Martínez, Álvaro Penabad, Adrián Río, Marcos Vidal, Mara Nuñez, Daniel González, Sofía Guerreiro, Rubén Sampaio

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 28 ( 10 + 18 ): Alejandro Vázquez [p], Alejandro Vázquez [p], Pedro Porteiro, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Áaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Pablo Veiga.