O Marmolería José Rey Xiria progresa a pesar da derróta fronte ao Arteixo Bm

Na mañá do sábado, o Marmolería José Rey Xiria viaxaba ata Arteixo para enfrontarse ao conxunto local, antropométricamente superior, polo que o obxectivo era seguir mellorando o resultado da primeira volta. E así o fixeron estes mozos carballeses, que seguen con clara evolución ascendente no seu primeiro ano na categoría. A primeira parte empezaba moi igualada, e o Marmolería José Rey conseguía aguantar o resultado ata o minuto 16, onde o Arteixo poñíase cun gol de vantaxe. Ata ese momento o traballo defensivo era moi bo e o labor de Álex na portería destacada; pero unha serie de desaxustes defensivos permitiron ao Arteixo atopar situacións desde 6 metros e adquirir unha boa vantaxe para marcharse ao descanso cun 14 a 5.

Á volta de vestiarios, custaríalles arrincar aos do Marmolería José Rey que perdían balóns en ataque e a ausencia de balance defensivo, permitíalles ao Arteixo Bm ampliar a súa vantaxe. Bos minutos finais para acabar a segunda metade cun parcial de 12 a 6 e mellorar o da primeira parte. O resultado final de 26 a 11, permítenos ver a evolución; pero tamén que manter o ritmo e abrigo a intensidade durante 50 minutos aínda lles custa. A semana que vén, visita Carballo o Bm Lucus.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Galán ante un centear de seareiros. Colexiado Pablo Manuel Barreiro do colexio galego.

ARTEIXO BALONMAN TELEPIZZA 26 ( 14 + 12 ): Guillermo Puga, Alejandro Martínez, Hugo Martínez, César Casalvica, Alejandro Aller, Iván Sousa, Elmer Martínez, Alejandro López, Eduardo González, Adrián Novio.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 11 ( 5 + 6 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Aaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Pedro Porteiro.