O Marmolería José Rey Xiria segue con paso firme na Copa

Na mañá do sábado desprazábase ata Viveiro para afrontar a segunda xornada da Copa, o equipo infantil do Mamolería José Rey Xiria; viaxe longa para uns xogadores pouco adoitados a tales desprazamentos.
O cal non valía como escusa para afrontar o choque coas máximas garantías de competir polos dous puntos.
O partido empezaba igualado, ante unhas defensas pouco contundentes por parte dos dous equipos; o marcador parecía dispararse na primeira parte. Os 5 últimos minutos, os visitantes presionaban máis aos xogadores con balón; permitindo saír ao contragolpe e levar unha distancia de 3 goles ao descanso; pero con moitas cousas por corrixir, abrigo na parcela defensiva.

Na continuación, os de Viveiro saíron a por o partido e chegado os minutos 10 da segunda parte o marcador reflectía un empate a 22; grazas a un parcial de 8 a 3 que apertaba aos carballeses faltos de tensión nunha defensa demasiado fráxil, e onde a portaría tampouco tivo o seu día.
Os cambios farían reaccionar aos carballeses, que afrontaron a parte final do encontro con mellor fondo físico que o seu rival e dando velocidade  á subida do contraataque conseguiron distanciarse no marcador ata o 25 a 31 final.

Por parte do MARMOLERÍA JOSÉ REI XIRIA xogaron: Darío Calviño [p], Asel Cambón, Juan Martín Fajardo, Andrés García, Javier Rodríguez, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Alberto Suárez, Esteban Puñal, Alex Puñal.