O Punta del Este foi de menos a máis

Desprazábase o Punta do Leste Xiria ao pavillón de Almeiras na mañá do domingo para enfrontarse ao  Bm Culleredo. O principio do partido estivo marcado pola escaseza de goles. Por unha banda, o Punta do Leste expuña unha defensa contundente ao un para un, desta maneira as de Culleredo non eran capaces de atopar situacións de lanzamentos cómodos. No que se refire ao ataque, as nosas xogadoras estaban desacertadas, perdían moitos balóns e fallaban ocasións claras de gol. A velocidade da pelota e o movemento das xogadoras estaban a ser boas pero estaba a penalizarnos moito os fallos e as paradas da porteira local, que realizou un bo partido. Con esta dinámica chegabamos ao descanso cun marcador que reflectía un 4-12.
Á saída dos vestiarios as xogadoras carballesas continuaron a realizar unha moi boa defensa e, en ataque, continuaron movéndose e buscando os espazos, pero está vez xa máis acertadas para gol. Grazas ás boas defensas producíronse contraataques que esta vez si souberon culminar sen arriscar a pelota. Aos poucos a diferenza foise agrandando no marcador ata chegar ao 10-31.

BM CULLEREDO 10 (4+6) Marta (4), Antía, Lucía (4), Irene, Paula , Carla, Ainoha, Carlota, Aroa (1), María (1), Sofía

PUNTA DEL ESTE XIRIA 31 (12+19) Elena Collazo [p], Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela(3), Nina Pereira(5), Alba García (10), Lara Otero (6), Marta Gómez (7), Anna M. Hernández, Paula Bouzas

Próxima xornada: C. POLIDEPORTIVO LUCENSE- PUNTA DEL ESTE XIRIA

 

IMG-20171112-WA0048 IMG-20171112-WA0020 IMG-20171112-WA0024 IMG-20171112-WA0028 IMG-20171112-WA0034 IMG-20171112-WA0037 IMG-20171112-WA0039 IMG-20171112-WA0046 IMG-20171112-WA0047