O Punta del Este imponse nun partido igualado

Este sábado 25 recibiamos ao Bm Camariñas un equipo moi intenso que sempre pelexa os partidos. Prevíase o partido máis competido ata o momento e así foi. As locais saíron ao partido sen a intensidade necesaria para gañar un partido destas características, e isto pasounos factura. Na defensa conseguiamos frear ás xogadoras de Camariñas pero, pequenos descoidos facían que as visitantes conseguisen anotar. No ataque penalizábannos as perdas de balón e as imprecisións forzadas por unha présa innecesaria. O equipo non se atopara por baixo no marcador en ningún dos partidos disputados, e agora eran as ansias por darlle a volta ao marcador as que forzaban as imprecisións. Desta maneira o marcador ao descanso reflectía un 8-9.

 

Tras a reanudación as carballesas mostraron a súa cara máis competitiva e loitadora, conseguindo darlle a volta ao marcador en varias ocasións. Con todo foi a poucos minutos do final e cunha xogadora menos cando as nosas sacaron o orgullo, cunha defensa activa e un ataque determinante, puxéronse dous goles por encima. Este resultado mantívose ata o final mostrando o 20-18. En resumo foi un partido competido que fixo gozar ao público e aprender a cada unha das xogadoras.

 

PUNTA DEL ESTE 20 (8+12) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa, Lucía España (5), Nerea Varela (5), Nina Pereira (5), Alba García (5), Lara Otero, Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.

ENCAIXE CAMARIÑAS 18 (9+9) Lara Canosa, Cristina Mouzo (4), Claudia Santos, Laura, Carla Vigo (8), Lucía Barreiro, Andrea Rial, Lara González, Sara González, Iria Barruentos (3), Alba González, Rosalía Alonso

Ao finalizar o encontro os dous equipos xuntáronse para sacar una foto e mostrar a súa repulsa a violencia machista.

Somos fortes, somos altas, somos baixas, somos brutas, somos sensibles, somos líderes; somos e seremos como nos queiramos ser, non como a sociedade nos queira facer.

PUNTA DEL ESTE