O Punta del Este mostra a súa mellor cara

O Punta del este recibiu esta sábado ao Bm Lucus, un dos rivais fortes desta liga. As xogadoras de Carballo entraron con intensidade ao partido. En ataque unha boa mobilidade facía que atopasen situacións claras de lanzamento e ,en defensa, tras uns minutos de desconcerto, souberon axustar as situacións de desdobramento do equipo rival. Desta maneira chegamos ao descanso 19-10. Na segunda parte, o equipo soubo axustar as situacións defensivas, facilitando as paradas da porteira local. En ataque o acerto foi menor que na primeira parte, varios erros de lanzamento que fixeron que a diferenza no marcador non fóra a máis. Con todo o equipo carballés callou un bo partido e vaise ao parón do Nadal con boas sensacións.

PUNTA DEL ESTE 30 (19+11) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela, Nina Pereira, Alba García, Lara Otero, Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.

BM LUCUS 14 (10+4) Sara Martínez, Sofía Díaz, Laura Cabanas, Aujela López, Julia Martínez, Sofía Sanmartín, Jenifer Soto, Antía Vázquez, Lucía Villar, Claudia Ledo, Isama Longarela.