O Punta del Este remata en segunda posición a Copa Territorial

Xogaba o Punta del Este este sábado a fase final da Copa Territorial despois de terminar en primeiro posto a fase do grupo A. O formato de competición era semifinais pola mañá,e pola tarde o terceiro e cuarto posto e final.

Nas semifinais o Punta del Este enfrontábase ao  Bm  Lucus. O partido xogouse ao ritmo da defensa das carballesas, que con moita presión eran capaces de roubar e correr rápidas  contras, sen deixar opcións ás xogadoras lucenses que non chegaban a  replegar. Este ritmo foi ao que se xogou todo o partido, participando todas as xogadoras a un gran nivel. Co partido encamiñado veu a peor noticia do fin de semana. Nun golpe contra o chan nosa xogadora Alba García sufriu unha fractura nun óso da cabeza, pasando uns momentos de sufrimento na pista debido a que tivo que vir a ambulancia a por ela por mor da gravidade da situación. Este suceso veu condicionar animicamente o que quedaba de día, pois a Lara,xa lesionada, sumábasenos a preocupación polo estado de saúde da nosa loitadora Alba.

Na final enfrontabámonos o Parrillada la Ronda Arteixo e o Punta del Este Xiria. Neste partido, a pesar da preocupación pola súa compañeira, as xogadoras sacaron o espírito de loita que teñen. Saíron competindo o partido, cuns bos minutos con moita intensidade.  A partir de aí unha serie de fallos e de problemas na defensa fixo que o  Bm Arteixo se distanciase no marcador. A partir de aí un bo Arteixo fíxose co partido, pero isto non fixo que as xogadoras de  carballo deixasen de pelexar motivo dabondo para estar orgullosos.

A maior vitoria deste fin de semana é que a nosa xogadora Alba García recupérase do seu golpe. O seu estado de saúde é o máis importante, e a preocupación das súas compañeira fala moi ben deste equipo.

SEMIFINAIS

PUNTA DEL ESTE XIRIA 33 ( 18 + 15 ): Elena Collazo [p], Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela,Nina Pereira, Alba García, Marta Gómez, Anna Mª Hernández, Paula Bouzas, Catalina De Magalhaes, Lara Souto.

BM Lucus 19 (7+13): Díaz Firalpo, S; López López, H ;Soto Romanis,V; Toweareza Fernández, I; Cabañas Corral, H; Vázquez Fernández, I; San Martín Varuiz, S; Martínez Fontao, S; Martínez Fontao, L; Campos Roubada, S.

FINAL

PARRILLADA LA RONDA RC ARTEIXO 27 (17+10) Adriana Antonio, Nerea Pose (4), Candela Puga, Marta Valderrábano (5), Triana Fernández, Paula Valderrábano (8), Lucía Donte, Carla Estraviz, Aneliz Alexander (6), Adela Areoso (4), Diana Dozo.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 16 ( 11 + 5 ): Elena Collazo [p], Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela,Nina Pereira,  Marta Gómez, Anna Mª Hernández, Paula Bouzas, Catalina De Magalhaes, Lara Souto.

Unha vez rematada a tempada hai que destacar a entrega e traballo de estas xogadoras en cada adestramento e en cada partido. Damos por finalizada unha boa tempada, de seguir así as boas novas non van a deixar de chegar.