punta del este -arteixo

O Punta del Este sufre para gañar en Arteixo

Viaxaba o Punta del Este a Arteixo, para enfrontarse a un equipo dun nivel parecido, formado tamen por varias xogadoras de segundo ano. O equipo empezou o partido como o día, frío. En defensa faltas de contacto, polo que se vían superadas unha e outra vez; e en ataque faltaba velocidade de balón, atacando sempre cara ás defensoras. Isto facía que chegaramos ó ecuador 11-9 a favor dás locais.
Sen embargo tras o paso polos vestiarios as xogadoras carballesas retornaron a intensidade defensiva a que nos teñen acostumados, sendo capaces de recuperar varios balóns e aupadas por unha gran actuación de Elena na portería. Coa confianza gañada na defensa, o ataque mellorou e as nosas xogadoras eran capaces de atopar situacións favorables para o lanzamento. Desta maneira fomos distanciándonos pouco a pouco no marcador ata chegar o 17-22 final. Resaltar esta segunda parte polo bo traballo a nivel colectivo, pois todas e cada unha dás xogadoras axudaron para facer mellor o equipo.

 

PARRILLADA LA RONDA RC ARTEIXO 17 (11+6) Candela Puga, Adela Areoso, Lara Parafita, Marta Valderrama, Paula Mato, Auheliz Amarys, Alexander, Paula Valderrama, Diana Dozo, Lucía Ponte, Nerea Pose, Adriana Antonio, Triana Magali Fernández

PUNTA DEL ESTE 22 (9+13) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela, Nina Pereira , Alba García , Lara Otero, Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.

Vídeo do partido: