O Punta del Este vence con facilidade

Na mañá do sábado 3 enfrontábanse no pavillón de Ceip Fogar o Punta del Este Xiria co Polideportivo Lucense dous equipos con obxectivos distintos. Foi un partido sen historia, para as xogadoras lucenses este é o seu primeiro ano na competición e están a crecer aos poucos. As xogadoras carballesas xa teñen un ano de experiencia nesta categoría polo que a diferenza é notable. O Punta del Este afronta a partir de agora unha recta final de liga complicada se quere pelexar por seguir no posto máis alto da táboa.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 33 (17+16) Elena Collazo [p], Valeria (2), Lucía España (4), Nerea Varela (5), Alba García (5), Nina Pereira (2), Lara Otero (11), Marta Gómez (3), Anna Hernández (3), Paula Bouzas.

C.DEPORTIVO LUCENSE 0  Carlota, Claudia, Noelia, Iria, Antía, Raquel, Alicia, Adriana, Maria, Alba