O Punta del Este vence grazas a velocidade no xogo

Na mañá do sábado 27 o Punta del Este Xiria recibía no pavillón de Ceip Fogar ao Bm Culleredo. O obxectivo do partido para as locais era claro, realizar cunha intensidade alta cada unha das accións tanto en ataque como en defensa. Con esta premisa iniciábase o partido, pronto se puido ver na pista que as xogadoras carballesas ían a esmerarse en cumprir o devandito obxectivo, cunha defensa contundente e rápidas contras o Punta del Este lograba distanciarse no marcador. As nosas xogadoras dábanlle a cada acción un ritmo e unha velocidade alta, sendo este o xogo que mellor resultado está a darnos. Grazas a esta velocidade no xogo ao descanso o marcador mostraba un 16-5.

 

Para a segunda parte era necesario manter lle intensidade e o ritmo para non encaixar demasidos goles. Así foi, as xogadoras locais seguiron entregándose duro, sobre todo en defensa. Un bo traballo de todo o equipo, agora a recuperar a todas as xogadoras para seguir con esta dinámica.

 

PUNTA DEL ESTE 31 (16+15) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa (5), Lucía España(5), Nerea Varela (5), Nina Pereira (5), Alba García (5), Lara Otero (6), Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.

BM CULLEREDO 11 (5+ 6) Irene Pacheco, Marta Franco, Antía Pardo, Paula Carballal (6)Carla Gonende, Lucía Sánchez (5), Ainoha Bodelo, Carlota Rodríguez , Aroa Barbeito, Sofía González, María Bescansa