O Punta del Este volve a senda da vitoria

Este domingo xogaba o Punta del Este Xiria o segundo partido da Copa contra o Bm Ribadosar. O equipo carballés voltaba con moitas ganas a Copa despois de xogar a fin de semana pasada a Fase Final da súa liga.

O inicio do partido foi dubitativo, sobre todo na defensa que tardou varios minutos en axustarse. O equipo carballés salía con unha 3-3 moi presionante, defensa que despois do desconcertó incial era capaz de roubar balón e correr rápidas contras. No que se refire o ataque a premisa para este partido era clara, correr sempre que se poidera e así fixeron as xogadoras do Punta del Este. Este xogo serviulle o equipo local para chegar o descanso con 19-8 no marcador.

Na segunda parte a defensa 3-3 do Punta del Este baixouse ata 9 metros pero coa profundidade necesaria para poder roubar balóns. O equipo local seguiu buscando en todo momento a rapidez nas transicións para conseguir goles rápidos, así a diferencia foise agrandando ata o 36-14 final. Salientar as boa aportacións de Lara e Catalina que pouco a pouco se van sumando os partidos das infantís.

PUNTA DEL ESTE 36 (19+17) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa (4), Lucía España (4), Nerea Varela(4) , Nina Pereira (4), Alba García(2) , Lara Otero (8), Marta Gómez (4), Anna Hernández (4), Paula Bouzas, Lara Souto, Catalina Magalhaes (2)

BM RIBADOSAR 14 (8+6)  Laura Becerro (2), Daniela Abalo, Verónica San Román, Valeria Ninni (2), Laura , Natalia López (2), Sofía García (2), Carla Veiga (2), Alicia Posse (1), Alicia Silvosa, Ivet Suárez, Lidia Sandá (1) , María Cambón (2).